35 millóns para o novo diccionario da Real Academia Galega

Cartos para lingua

| Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O último Consello da Xunta estivo cargado de novidades para a lingua. En primeiro lugar, acordaron achegar 35 millóns para a nova edición do Diccionario da Real Academia Galega (RAG). Ademais, autorizouse a sinatura dun convenio de colaboración (entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o ILGA, Insituto da Lingua Galega) que continuará co programa de investigación lingüistica cun novo volume do atlas lingüístico. Por úlitimo, aprobouse unha partida de 16 millóns (entre a consellería de Educación e a RAG) para un novo traballo de microlingüística.

Para o diccionario

A Real Academia Galega contará con 35 millóns de pesetas do goberno galego no seu proxecto de elaboración dun novo diccionario. Un plan que contará con 40.000 entregas e que elaborará, ó mesmo tempo, unha Gramática Galega. A Real Academia Galega é, segundo establece a lei de normalización lingüística, a encargada das cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega. O actual diccionario foi realizado polo Seminario de Lexicografía da RAG en 1997 e conta con 25.000 entradas.


Para o Atlas lingüístico

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Insituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago (ILGA) asinan hoxe un convenio de colaboración para continuar co programa de investigación lingüística ó longo do ano 2001. Este acordo, para o que o goberno galego achega 27 millóns, presenta no seu plan de traballo varios proxectos. En primeiro lugar, a elaboración dun novo volume do Atlas Lingüístico de Galicia, a preparación dunha base de datos informática e a elaboración dun diccionario de galego e coa edición electrónica dos diccionarios bilingües (galego-castelán).

e para a microlingüística

Ademais, a última actividade realizada en favor da lingua vén da man da Consellería de Educación e a Real Academia Galega para realizar un traballo de microlingüística. Un feito que pretende elaborar un mapa sociolingüístico para poder realizar medidas acordes cos sectores da Comunidade galega. Para este feito, o Consello da Xunta do pasado venres decidíu outorgar 16 millóns de pesetas.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Educación, Consellería de Educación, Lingua galega...