A Casa de Galiza en Toulouse acolle o Primeiro Encontro de Poesía e Poéticas Galega, Occitana e Catalá

Tres linguas entrelazadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Unha nutrida representación da literatura galega estará presente no primeiro Encontro de Poesía e Poéticas Galega, Occitana e Catalá, titulado "Memoria de linguas e de augas" que terá lugar na Casa de Galiza en Toulouse. Ás xornadas que se celebrarán entre o 3 e o 5 de decembro asistirán máis de 25 escritores das tres linguas entre os que están Anxo Angueira, Luis González Tosar, Bernardino Graña, Xosé Luis Méndez Ferrín, Chus Pato, Xesús Rábade e Helena Villar Janeiro. O encontro ten como obxectivo “irmandar linguas cinguidas de seu polo elo dunha problemática común, e que amosaron e amosan na súa tradición grandes afinidades poéticas e musicais” e constará de dous recitais de música e poesía, unha mesa redonda onde saian á luz as vicisitudes e as expectativas destas linguas, a función e a vixencia das súas poéticas e unha exposición bibliográfica.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Vieiros, Helena Villar, Bernardino Graña...