En pleno debate sobre o papel que a relixión ha de desenvolver no proxecto de reforma da educación, o Seminario Galego de Educación para a Paz escolleu o tema das relixións e das sociedades para o seu Primeiro Foro. As xornadas desenvólvense até o vindeiro domingo en Compostela e contarán coa presenza de xente como Federico Mayor Zaragoza, Mercedes Rico, Andrés Torres, Ángeles de la Torre, Dionisio Llamazares ou Riay Tatary.
Máis información no web do Seminario e na nosa hemeroteca