A historia da edición en Galicia, a situación actual do libro e a lectura no século XXI son algúns dos temas que se abordarán no simposio que a Asociación Galega de Editores organiza para os vindeiros 2 e 3 de decembro. Baixo o título "O libro e a lectura", o salón de actos do Consello da Cultura Galega acollerá entre outros, a presenza de Ánxel Casal, Xosé Neira Vilas, Rosa Aneiros, Manuel Pérez Grueiro ou Víctor F. Freixanes. Pecha o simposio o escritor Juan Cruz nunha conferencia sobre "Libro, mercado e globalización".
Máis información na web da Asociación Galega de Editores e o programa no web do Consello da Cultura (en pdf)