O que hoxe é o Liceo Ourensán foi na súa orixe o antigo Pazo dos Oca Valladares. Un edificio de corte romanticista e costumbrista do século XVI que acaba de ser declarado Ben de Interese Cultural. Un recoñecemento que permite estructurar a ordes de remodelación que comezarán en breve sen perder a beleza e singularidade do edificio. Unha declaración que o presidente do Liceo aproveitou para facer pública cando presentaban o cartel de actos para este trimestre.
O edificio do Liceo
O Pazo das Oca Valladares é desde 151 anos o centro cultural de recreo ourensán do Liceo. Un edificio construído no S.XVI, un patio de columnas con oito pinturas murais de corte romanticista e costumbrista que data de 1884.
Desde 1850 (o 13 de marzo) 114 ourensáns fundaron a Sociedade do Liceo, o principal eixo cultural da cidade das Burgas.
A singularidade cultural deste edificio acaballe de ofrecer a declaración de Ben de Interese Cultural. Unha declaración na que afectou os informes favorables que elaboraron a Academia de Belas Artes e o Consello da Cultura Galega. Tal e como deron a coñecer onte o presidente da entidade, José Carlos Martínez Pedrayo e o delegado provincial de Cultura, Felipe Ferreiro na presentación da programación trimestral.
Con esta declaración, garántese a protección deste edificio así como un control sobre as actuacións que se realicen no propio edificio sen que iso afecte á súa estrucutra. Ademais, deste xeito recoñéceselle de xeito oficial a vantaxa e as principais características deste importante edificio de patrimonio histórico.
Remodelación
Logo da declaración de Ben de Interese Cultural comezarán as obras de remodelación do Liceo. Unhas obras que teñen un custo de 312.526 Euros (52 millóns de pesetas) e que teñen previsto durar uns dous meses. Comezando a mediados de outubro e rematando en decembro. Unhas obras que non afectarán á programación cultural prevista para este trimestre.
Con esta declaración todas as obras que se realicen no edificio histórico estarán controladas e pretenden conservar e manter o edificio tal e como se conservou ata o de agora.
Actos para o trimestre
A programación para este trimestre no Liceo ourensán non se verá afectada polas obras de remodelación. De entre todos os actos destaca un ciclo de ponencias sobre Alonso Martínez, Juan de Anges, Mateo de Prado e Francisco de Castro Canseco.
Ás habituais exposicións de pintura, que comezan este sábado coa mostra itinerante "Pintando. Diez Mujeres", engádeselle o interese por crear unha sección de literatura. Unha novidade que se concreta con lecturas d epoesía e encontros poéticos nos que participarán escritores da talla de Victor Freixanes ou Rivera Coelho.