A Calpurnia a mellor longametraxe marchou para a Alemaña. A pelÃcula de Fatih Akin, que viña co Oso de Ouro debaixo do brazo, foi a vencedora do Gran Premio Calpurnia. Pero as producións galegas alcanzaron un bo espazo no palmarés: Xabier Bermúdez foi considerado mellor director; Marta Larralde a mellor actriz e Dani de la Torre conseguiu cautivar ao público coa súa curtametraxe "Lobos".
Entre "Conversas con mamá", pelÃcula arxentina que se proxectou na gala inaugural e "O rei" pelÃcula colombiana da gala de clausura mediaron sete dÃas de proxeccións, sesións paralelas, mesas redondas e tertulias. Tamén houbo un espazo para ollar ao pasado e recuperar, en colaboración co Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega, a figura de Fernando Iglesias "Tacholas" (Ourense 1909 – Bos Aires 1995). Unha homenaxe que contou coa presenza da filla do actor e con expertos e analistas do seu traballo que tivo un papel destacado no teatro e na cinematografÃa arxentina. Un denso programa que acabou co máis agardado: a decisión do xurado e do público sobre os traballos proxectados e que serviron de termómetro desta novena edición.
O palmarés
Hai dúas cousas que caracterizan o palmarés da novena edición do Festival de Cine de Ourense. Por unha banda, o que xa é coñecido, que é a cantidade de categorÃas e premios que se conceden (entre as calpurnias, os premios Aisge e o Eixo Atlántico, ao final hai 16) e pola outra, que as producións galegas comezan a facerse un oco nada desdeñábel.
A priori o gran premio (dotado con 18.000 euros) estaba moi disputado. CompetÃan reputados cineastas como Ken Loach ou Emir Kusturica coa gañadora do Oso de Ouro da última berlinale e un tÃmido Xabier Bermúdez, que estreaba a etiqueta galega para esta sección. Ao final a Calpurnia foi para a pelÃcula "Contra a parede" do cineasta xermano Fatih Akin. Pero a pelÃcula de Bermúdez, lonxe de irse coas mans baldeiras alcanzou dous dos premios "importantes: o de mellor director (dotado con 3.700 euros) e mellor actriz para Marta Larralde (con 1.5000 euros).
Completaron o palmarés "A viaxe até o mar" de Guilermo Casanova que foi o premio especial do xurado (1.500 euros); Unax Ugalde foi o mellor actor na súa interpetación en "FrÃo sol de inverno", pelÃcula que tamén conseguiu o premio á mellor fotografÃa. O premio Calpurnia á mellor curtametraxe (3.700 euros) foi compartido por "Necesidades" de Paco Baños e por "7:35 da mañá" de Nacho Vigalondo, aÃnda que houbo mencións especiais para "Escondido no tempo" de Jens Jonsson e "LucÃa" de Feliz Gönnert.
Tal e como é habitual nos festivais o parecer do público non coincidiu moito co do xurado e naquelas categorÃas que tiña voz e voto outorgou o seu beneplácito a dúas historias moi aplaudidas. Dun lado "FrÃo sol de inverno" do director Pablo Malo alcanzou a puntuación máis alta na categorÃa de mellor pelÃcula e polo outro "Lobos" a historia do enfrontamento entre dúas bandas de "skinheads" de Dani de la Torre foi a curtametraxe máis votada.
A Fundación Aisge, que se presentou o ano pasado en Ourense, para defender e preservar os dereitos dos actores e dos técnicos que se dedican ao mundo do cine, entregou o sábado os seus premios. Os premiso para mellor actor e mellor actriz foron para os actores principais da pelÃcula "Lévame a outro sitio", é dicir, Belén López e José LuÃs GarcÃa-Pérez.
Pecha o palmarés do festival o premio Eixo Atlántico á mellor curtametraxe galega ou portuguesa. Un galardón que foi para "A valente", o primeiro traballo da ferrolana Isabel Ayguavives que está tendo moi boa acollida nos certames nos que se presentou.
As valoracións
Coa resaca de cine aÃnda fresca, é cedo para ter os datos de presenza desta edición pero o director, César Silva, resume no xornal La Región as primeiras valoracións: "a organización foi case perfecta, a asistencia do público supera a edición anterior e as actividades paralelas desenvolvéronse con normalidade".
O público respondeu coa súa asistencia, sobre todo de fin de semana e evidenciou preferencias entre os xéneros. Os documentais rexistraron un incremento de público en detrimento das curtametraxes, cuxa asistencia foi sensibelmente máis baixa. A cantidade de proxeccións, a simultaneidade entre elas, a especificidade dalgunha das actividades e que ten lugar en horario laboral son algunhas das circunstancias que inflúen na asistencia a un festival que con nove edicións xa está asentado. Agora hai xa que pór a mirada no ano que vén, cando se celebre o décimo aniversario e que xa contará cun espazo propio, logo de que se inaugure o auditorio que permitirá que o Festival realice actividades que se prolonguen máis dunha semana ao ano.