Xunta e Nunca Máis polemizan sobre o volume de capturas pesqueiras despois da catástrofe do Prestige

A lonxa das cifras

A Consellaría de Pesca da Xunta presentou un informe da evolución da produción de recursos mariños en Galicia despois da catástrofe do Prestige. Segundo este documento, non se produciu un descenso no número de capturas pesqueiras e marisqueiras nos últimos dous anos, e os datos “reflicten unha situación de normalidade, cunha tendencia ascendente nas capturas”. Sen embargo, Nunca Máis desautorizou os datos do informe afirmando que as capturas descenderon un 57%, a partir dos cálculos que fixo a Coordinadora Galega de Confrarías sobre estatísticas da Consellería de Pesca. Ao mesmo tempo, onte tamén se soubo que tres dos cinco buques anticontaminación que está a construír o Estado terán a súa base en Galicia.

Informe e nota de prensa da Consellaría; Nota e datos de Nunca Máis (en RTF) ; El Correo Gallego; La Voz de Galicia; Galicia Hoxe