A Consellaría de Pesca e o Instituto Español de Oceanografía sinalan que o fuel non incrementou a mortalidade de especies mariñas

O fuel non foi

15/3/2005 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
20 lecturas | Compartido 0 veces
A Comisión de Investigación sobre o Prestige continúa a achegar análises sobre os efectos da marea negra. Desta volta, investigadores da propia Consellaría e do Instituto Español de Oceanografía apuntan que o fuel non provocou unha maior mortalidade nas especies mariñas e que mesmo en determinadas especies se detecta un incremento no número e tamaño de certos tipos de animais. Ademais, sinalan que a decisión de afastar o navío da costa minimizou o dano sobre os percebes ao chegar o fuel menos concentrados ás rochas. Estes datos contradinse cos achegados por outros investigadores e mais polas confrarías de pescadores, que denuncian unha diminución nas capturas.

Máis información en El Correo Gallego; máis sobre a comisión nos nosos arquivos


Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos