Vai para unha década un grupo de profesores decidiron botar a andar unha cooperativa para crear unha escola infantil nas proximidades da Coruña. Deste xeito, en 1987 nacÃa Andaina, unha iniciativa educativa chea de peculiaridades que na actualidade se mantén en marcha e medra amosando que é posÃbel outro xeito de ensinar.
Un orixinal edificio, cheo de luz e adaptado totalmente para os máis novos, foi a escola coa que comezou a traballar a cooperativa Andaina. O feito de que o local tivese fiestras á altura dos nenos, ou as saÃdas directas de cada aula ao patio de xogos dan idea do protagonismo que se lles dá aos alumnos neste centro até na arquitectura. AÃnda que co tempo as instalacións mudaron e trasladáronse até chegar ao moderno colexio que, en 1999 se puña en marcha coa intención de cubrir todos os cursos de ensino obrigatorio.
Cooperación
O esquema cooperativo é, segundo os membros da empresa, parte fundamental de Andaina. Segundo explica o web da empresa, existe "unha forte identificación co modelo de organización cooperativo", e o colectivo potencia valores coma "a axuda mutua, a responsabilidade compartida, a democracia, a igualdade, a equidade e a solidariedade", tanto a nivel de traballadores coma dos propios alumnos. A asunción deste sistema valeulle ao colexio o premio de Excelencia Cooperativa 2003 do Consello Galego de Cooperativas. Neste sentido, e partindo "da idea de aprender a aprender", segundo explican desde a Comisión de Comunicación do propio centro, emprégase unha metodoloxÃa activa que se organiza arredor do traballo por proxectos. A nivel práctico, isto reflÃctese en que é no marco das propias aulas onde se selecciona un tema de estudo acordado entre o profesor e os alumnos e proposto por un ou polos outros. "O tema soamente é unha escusa para aprender", sinalan desde o centro, e a través desa discusión na aula quérese "avanzar no emprego de distintos modelos de elección democrática, facendo especial fincapé naqueles que potencian o debate e o consenso".
Sistema de ensino
Logo de seleccionar un tema, os profesores fan unha primeira planificación do tratamento que se pode facer do tema na aula "de xeito que responda aos intereses e confirme ou rexeite as hipóteses formuladas polo grupo". De volta na aula son agora os alumnos os que deben organizar a súa busca de información sobre o tema, normalmente en pequenos grupos e compartindo e discutindo logo os coñecementos adquiridos co conxunto da aula. Para isto emprégase todo tipo de fontes, desde libros e enciclopedias até Internet, pasando pola observación ou a experimentación directa. SaÃdas ao exterior, colaboración con expertos nas cuestións a analizar ou enquisas son algúns dos métodos que chegan aos nenos. Finalmente, elabórase un informe coa documentación empregada e o propio grupo avalÃa o proceso de aprendizaxe que desenvolveu. Con este proceso, a escola pretende "chegar a desenvolver capacidade propias da investigación cientÃfica, cultural e social" afacendo o alumnado ao manexo da información. Isto, segundo os encargados do centro, potencia "a convivencia, a motivación, a autoestima, a responsabilidade e as actitude favorábeis cara a actividade escolar" e permite que os estudantes poidan "enfrontarse a diferentes situacións de aprendizaxe cada vez con maior autonomÃa. E todo isto cumprindo os obxectivos curriculares estabelecidos pola lei e mantendo un constante contacto cos pais, que en ocasións participan tamén nas actividades da aula e en encontros especÃficos familia-colexio.
Exemplos
Como exemplo, o pasado curso os rapaces seleccionaron como temática xeral para o curso os debuxos animados. Para facer a escolla, diferentes grupos e cursos prepararon un tema e tentaron convencer aos demais de que o escollesen, nunhas auténticas eleccións que incluÃron material gráfico, debates e unha campaña a toda regra. Cada clase identificouse unha serie ou filme (os Pitufos, a abella Maya, Toy Story, Hamtaro ou Pokémon entre outros) e partir dela foron desenvolvendo diferentes contidos, potenciando o sentimento de grupo, o intercambio de coñecementos e esa capacidade de investigación e de documentación contido nas teorÃas. Ademais practicaron argumentación e desenvolveron até tarefas de pretecnoloxÃa, sempre arredor desta temática. Os diferentes cursos foron amosando os seus traballos aos outros, e unha grande festa final, coa participación de toda a comunidade Andaina serviu como feche ao proxecto. Este ano son os deportes olÃmpicos o tema que artella a actividade de todo o colexio.
Evolución
Das nove fundadoras pasouse a dÃa de hoxe a vinteoito socios, aos que se engaden varios traballadoras contratados para tarefas especÃficas. Tirando o persoal dedicado a tarefas de manutención e de administración, vinte especialistas en diversos campos da educación se dedican aos douscentos alumnos que ten na actualidade o centro, abranguendo aspectos coma as linguas estranxeiras, a educación fÃsica, a música ou as tecnoloxÃas da información e da comunicación, que Andaina fai por integrar permanentemente nas aulas.
Lingua
Segundo informa a propia web do centro, o centro mantén un compromiso coa lingua e cultura propia do paÃs, "a partir da reflexión e da realidade do noso contexto". O programa educativo presta entón unha especial atención á adquisición de competencias axeitadas nas dúas linguas que coexisten no paÃs, integrando xa en educación primaria o ensino de inglés. Neste sentido, os profesores teñen en conta que "o contexto, en determinadas idades, garante a adquisición de vocabulario e da expresión da lingua no caso do castelán, non sendo asà no caso do galego. Tentamos, por tanto suplir esta deficiencia".
Futuro aberto
Para alén de continuar co traballo en educación primaria, o proxecto máis inmediato da cooperativa é completar os ciclos de ensino obrigatorio, para o que comezará a impartirse o vindeiro ano o primeiro curso de Secundaria. A máis longo prazo, "o futuro está aberto a continuar ou iniciar tarefas educativas nas que creamos que podemos contribuÃr axeitadamente á formación integral da persoa".