A finca "Vista Alegre" de Vigo, situada ao carón do Museo do Mar de Alcabre, poderÃa acoller no seu subsolo unha vila romana semellante á aparecida en Tóralla. As catas realizadas amosan que tres ou catro metros de profundidade hai indicios da existencia próxima dunha vila, que estarÃa con toda probabilidade debaixo da actual edificación existente na finca. Máis fácil o tiveron en Pontedeume para dar co que semellan ser os restos da muralla medieval da vila. As obras para instalar colectores subterráneos para o lixo sacaron á luz, a pouca profundidade, restos dun muro de pedra de dous metros de grosor. Agora mesmo un equipo de arqueólogos está a investigar a importancia do achado
Máis información sobre os xacementos de Alcabre na edición de hoxe de Faro de Vigo e nos nosos arquivos; sobre as murallas de Pontedeume en La Opinión