Este sábado ás nove da noite o Teatro Principal de Ourense vestirá a súa alfombra de veludo vermello para abrir a novena edición do Festival de Cine. Un certame que trae pelÃculas de cineastas coñecidos, acabadas de premiar noutros festivais, como ken Loach ou Emir Kusturica, cunha serie de homenaxes e de actividades paralelas que presentan un programa de vertixe que presta especial atención á formación, ás novas tecnoloxÃas e unha ollada ao noso audiovisual.
O director do festival, César Silva afirma con orgullo que esta edición " é plural, cunha oferta variada, universal e cunha participación maior do que foi o habitual nas anteriores edicións". Este ano o Festival de Cine de Ourense cumpre nove edicións, aniversario suficiente para que non se fale xa da súa consolidación, senón que entra noutra dinámica de medrar en cantidade, calidade e variedade. En cantidade porque a organización se viu desbordada por máis de 480 traballos entre os que se tivo que cribar para conseguir as 70 definitivamente seleccionadas. En calidade porque comezan a recibirse traballos de cineastas tan coñecidos e reputados como Ken Loach ou Emir Kusturica que presentaron a competición as súas últimas pelÃculas e que estiveron presentes en Valladolid (na "Seminci") e en San Sebastián. E por último, variedade, César Silva fai memoria e recorda que este ano presentáronse traballos chegados de 31 paÃses dos que 21 se recollen no programa.
O cine de aquÃ
Entre todas as cinematografÃas que recollen traballos de Lituania, Nova Zelanda, México e Australia, hai un espazo significativo para as producións galegas. E haino en distintos apartados do programa. Na sección competitiva hai, por primeira vez na historia do certame, unha produción galega en cada sección. Nas longametraxes, o director coruñés Xabier Bermúdez trae a Ourense "León e Olvido", que tivo unha boa acollida de público e crÃtica nos certames aos que concorreu logo de presentarse no Festival de Cine de Málaga. Pero difÃcil o vai ter Bermúdez porque nesta sección competitiva hai cineastas tan importantes como Ken Loach (que chega con "Ae fond Kiss"), Fatih Akin (que compite con "Head on" a gañadora do Oso de Ouro na última edición da Berlinale) ou a gran sorpresa cinematográfica do ano, o mexicano Fernando Eimbcke, que chega coa súa ópera prima "Temporada de patos" logo de trunfar en todos os festivais nos que se proxectou.
No caso das curtametraxes, dos 55 tÃtulos a competición hai cinco traballos galegos que merecen especial atención. Son "A valente" de Isabel Ayguavives, "Lentura" de Pachi Varanda e Manuel NanÃn, "Lobos" de Dani de la Torre, "Minotauromaquia. Pablo no labirinto" de Juan Pablo Etcheverry e "Notamotof" de Rubén Coca. Traballos que opatarán aos seis premios para as categorÃas de curtametraxes (premio Calpurnia á mellor curtametraxe, Calpurnia ao mellor director, os dous premios AISGE para actores, o premio do público e o Eixo Atlántico).
Por último, na sección de documentais o traballo de Manuel RodrÃguez, "Esta noita cenamos con Deus" competirá con outros nove traballos algúns deles practicamente descoñecidos entre os que destaca "DÃas de cartón/Cartboard Days" de Verónica Souto.
Fóra de sección competitiva, pero dentro dos ciclos paralelos hai un apartado especÃfico destinado ao cinema galego no que se proxectarán pelÃculas de Pilar Sueiro ("Cando o mundo termine seguirei queréndote"), Juán Pinzás ( por partida triple con "A lenda da doncela", "O xogo das mensaxes invisÃbeis" e "A lenda da doncela"), Héctor Carre ("Dame lume") e Xavier Villaverde (con "Finisterre"). Completa este capÃtulo, repetindo no festival Xavier Bermúdez, con outro dos seus traballos "Nena".
Independente
Cando hai nove anos naceu o Festival fÃxoo baixo unha etiqueta, a de "independente" e esta solapa permaneceu inflexÃbel durante este tempo. "Nós, asegura César Silva, o factor independente entendémolo no mesmo sentido que Fernando León dixo aquà en Ourense (estivo hai dous anos), que é ese cine que se fai co corazón, comprometido coa sociedade á marxe dos ditámenes económicos das majors". Un compromiso co social que o sitúa na órbita do independente e que ten máis vixencia e importancia que nunca nas pelÃculas seleccionadas para esta edición.
O máis novo
O condensado programa que concentra durante oito dÃas sección competitivas (de longametraxe, curtas, documentais), ciclos paralelos (premio concello de Ourense, memoria histórica, cine en feminino, cine e emigración, proxeccións do chamado "Cinema novo" ao ser Brasil como paÃs convidado e a sección de proxeccións inéditos en Ourense, cine nas aulas, sesións especiais), asà como as galas (de inauguración e clausura), publicacións e actividades especiais que son basicamente formativas, hai dous apartados que son novidades. Por unha banda, a xornadas sobre "As novas tecnoloxÃas no cine" que se desenvolverá no Parque Tecnolóxico de Ourense e, pola outra, a recuperación do programa sobre "Cine e emigración". César Silva recorda que "esta sección iniciouse pola primeira vez hai dous anos coa homenaxe a Juan Orol, e que o ano pasado non se celebrou por mor dun accidente que sufriu o seu organizador. Pero este ano recupérase con máis contido e centrado na figura do actor popularizado como Tacholas". Para iso, a organización elaborou en colaboración co Consello da Cultura Galega, un folleto, unha mesa redonda, a proxección dun documental que se centra na figura deste ourensá asà como unha sección "Estereotipos Arxentina-España" que se proxectará mediante tres pelÃculas. "Alén diso, explica César Silva, grazas ao traballo de Manolo González que é un experto na materia recuperáronse dous filmes que se encontraron en Arxentina e que se proxectarán no marco do Festival".
O mercado e as vÃas de futuro
O ano pasado o Festival de Cine chiscáballe o ollo á industria programando dúas xornadas para sentar na mesma mesa a produtores e creadores para pór en marcha novos proxectos. Dos dez traballos que se concretaron en Ourense non todos acabaron por concretarse pero a iniciativa supuxo que o festival pasase da exhibición e entrase a fomentar un mercado de traballo. Esta vÃa iniciada no ano pasado continúa este ano con guionistas. "Recibimos uns 240 traballos entre os que fixemos unha escolma, subÃmolos ao web e alà os produtores, co seu contrasinal, puideron ler os seus traballos e agora virán a falar en persoa" explica César Silva. É o primeiro contacto do que poden saÃr proxectos de traballo.
A dirección do festival concentra nunha semana actividades de exhibición, produción, desfile de artistas, galas e xornadas. Un programa demasiado denso para esgotarse nunha semana por iso está a madurar a idea de que as actividades se prolonguen durante todo o ano. "Pero para iso é preciso un espazo propio no que programar, explica César Silva, que será posÃbel a partir de finais de ano, cando se inaugure o auditorio. Desde xeito haberá sitio para programas de formación, cursos e actividades que han de implicar a todas as persoas relacionadas co mundo do audiovisual desde as produtoras até a Universidade".