A Facultade de Belas Artes de Pontevedra acolle até mañá varias performances

Acción en Pontevedra

3/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A partir das 13:30 de hoxe mércores o colectivo "Cállate zorra" sairá ás rúas pontevedresas para ofrecer unha performance interactiva. A reacción da xente perante as propostas determinará o resultado e o camiño que levará a primeira dunha serie de intervencións artísticas que se celebrarán en Pontevedra até mañá. Xunto a este colectivo, creadores e investigadores de toda España, entre os que están Róxana Popelka, Ignacio Pérez-Jofre e Bartolomé Ferrando, conforman o programa das "Xornadas de Performance" que organiza a Facultade de Belas Artes.

Máis información na edición de hoxe do Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Belas Artes, Facultade de Belas Artes, Facultade de Belas Artes de Pontevedra...