Barcos, conferencias e exposición cartográfica sobre a Batalla de Rande

A voltas cos galeóns

Hai unha semana falabamos da celebración do 299 aniversario da Batalla de Rande. Un enfrontamento entre as tropas franco-españolas e as anglo-holandesas frente as costas viguesas que se recupera na II Semana Naútica do Atlántico. Hoxe, o Real Clube Náutico de Vigo da a coñecer os actos que servirán como entremés ós que están previstos para o vindeiro ano. Unha competición náutica, un ciclo de conferencias e unha exposición cartográfica completan o programa de actos que se celebrará en Vigo do 1 ó 11 de novembro.

O plato forte




Moito mito e pouca realidade se desprende da histórica batalla de Rande. Unha batalla que enfrentou ás tropas franco españolas coas anglo holandesas. Os tesouros afundidos logo do desastre naval foron obxectos de numerosas teorías, que mesmo se recolleron nas aventuras de Julio Verne. Sen embargo só nunha expedición, que se levou a cabo en 1870 acadou rescatar do mar uns corenta quilos de prata. E este é un dos temas dos que se van abordar nas tres conferencias que programou o Real Club Náutico de Vigo a partires do 3 de novembro. Ese día José Cervera Pery, xeral auditor da Armada española, ofrecerá as 19:30 no Salón Principal do Real Club Náutico a conferencia "A Marina Española, unha revisión histórica". Unha xornada na que pretende ofrecer unha revisión da evolución da Armada ó longo da historia, un pouco para verter luz sobre a lenda negra.
A segunda das charlas terá lugar o venres 9 ás 19:30 a cargo de Fernando Navarrete coa conferencia "Os tesouros da Batalla de Rande". Navarrete é un experto no tema, que o levou a realizar durante tres anos un documental para Televisión de Galicia, que aínda permanece inédito.
A última conferencia será o día 10 de novembro, ás 18:00 co título "Política española de recuperacións. Galeóns, os seus naufraxios e tesouros" por don Juan Manuel Gracia Menocal; que é presidente da Asociación para o Rescate dos Galeóns Españoles e da Fundación Pro-Academia do Mar.








































Competición naútica



Pero a parte máis vistosa deste programa que conmemora o 299 anivesario da batalla de Rande é a regata que organiza o Real Clube Naútico de Vigo. Un evento que encherá as costas viguesas de barcos chegados de toda a península do 1 ó 11 de novembro. Un evento deportivo que forma parte do XXVI Trofeo Martín Barreiro Gran Premio Turgalicia que conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo, a Autoridade Portuaria viguesa e a Armada Española.

Será o acto máis rechamante desta II Semana Naútica do Atlántico que concentrará a 1.200 participantes que chegarán de todos os puntos da península.































A exposición









Por último, para completar o programa de actos as instalacións do Clube acollerase a colección "Puertas/Mosquera" que pertence a Carmelo Puertas que incorpora uns catro mil documentos pertencentes ós séculos XVI ó XIX. Unha mostra que exhibirá cartas marinas orixinais da ría de Vigo, así como numerosos gravados da Batalla de Rande. Un pequeno adianto dos actos que se teñen previsto celebrar o ano que ven, cando se cumplan trescentos anos da celebración da batalla.