O Festival de Cine de Ourense presenta o seu programa no que consolida a súa traxectoria

Premiere

Máis internacional, os últimos títulos de cineastas reputados e a presenza de artistas recoñecidos. Estes son os ingredientes que avalan a calidade da novena edición do Festival de Cine Independente de Ourense. O cartel definitivo do programa presentouse onte no que se confirmaron o xa avanzado a contagotas: José Sacristán será o Premio Concello de Ourense, Juan Antonio Bardem premio Memoria Histórica e o cine de Pilar Miro protagoniza a sección "Cine en Feminino", alén da presenza do cinema brasileiro como país convidado. Na rolda de prensa avanzouse tamén que o orzamento desta edición é de 369.000 euros e que na sección de actividades paralelas figura a xornada "Novas tecnoloxías no cinema" que se desenvolven no Parque Tecnolóxico. Ademáis, o crítico de cine e profesor Miguel Anxo Fernández recibirá de mans de Sergi Mateu o premio honorífico da Fundación Aisge pola súa traxectoria. 

Máis información en La Región e na nosa hemeroteca