Aisge entregará no marco do Festival de Cine de Ourense o seu premio anual

Intérpretes e artistas en Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Na pasada edición do Festival de Cine de Ourense Pilar Bardem e Isabel Blanco estiveron na cidade das Burgas para presentar a creación de Aisge, a fundación de Artistas e Intérpretes, que vela polos intereses dos actores a nivel económico e social. Este ano a fundación volverá a Ourense, pero agora para entregar o seu premio anual que recaerá nun galego, aínda non decidido pero no que o nome de Celso Bugallo sona con forza. Á falta dun mes e medio para que se celebre a nova edición do festival, hai outra novidade, que é que o Centro Galego das Artes de Imaxe colaborará coa edición dun libro dedicado ao ourensán Carlos Velo.

Máis información sobre as novidades desta edición no sitio web do evento e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, AISGE, Festival de Cine de Ourense, Carlos Velo...