A Deputación de Pontevedra dálle dous meses ao Banco Pastor para que rehabilite o mosteiro de Oia

Entre a Deputación e o Pastor

O mosteiro de Oia é un conxunto do século XII e o único cenobio situado xunto ao mar en todo o estado. Desde hai un ano os veciños do lugar comezaron unha campaña de protesta polo mal estado no que se atopa. O problema está en que o propietario do edificio é o Banco Pastor ao que a Deputación instou varias veces a rehabilitalo. Sen embargo, ante a pasividade da entidade financeira, a Deputación acaba de remitirlle un requerimento no que lle advirte que nun prazo de dous meses ha de iniciar os traballos de recuperación. Se non o fai abriranse dúas posibilidades: por unha banda que a Deputación asine un convenio coa Xunta para adquirilo e, pola outra, que o Banco Pastor o venda a empresas hoteleiras interesadas en convertelo nun hotel de luxo.

Máis información no Faro de Vigo