Os 17 quilómetros que unen o Intercambiador do Rebullón coa Fronteira Portuguesa están nunha zona moi rica arqueoloxicamente. De feito, neste tramo tan pequeno existen máis duns trinta xacementos catalogados. E o custo do progreso que culmina a vertebración de Galicia de norte a sur, segundo conta riadevigo.com, é o Dolmen do Rebullón. Un túmulo que malia seguir as pautas habituais deste tipo de xacementos, inclúese nunha época da que se coñecen poucos datos.
O procedemento
O pasado 9 de maio o presidente da Xunta de Galicia e o ministro de Fomento, Álvarez-Cascos, puxeron a primeira pedra do último tramo da A-9 que conclúe a vertebración de Galicia de norte a sur a través dunha vía de alta capacidade. E este último tramo está formado por dezasete quilómetros que unen o intercambiador do Rebullón (unido ó polémico tramo Rande-Puxeiros) coa autopista do Val Miñor. Un tramo que contará, segundo o proxecto definitivo, cun enlace en Porriño que conectará coa autovía Porriño-Tui que dará acceso á A-52 que une Vigo coa meseta. É, en resumidas contas, o último tramo dun trazado que integra a Galicia nunha vía de alta capacidade. Unha construcción que foi adxudicada polo consello de Administración de Autopistas do Atlántico a SACYR S.A.
Impacto medioambiental
A resolución da Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental publicou no BOE que a declaración de impacto ambiental sobre o estudio informativo da Autopista o Atlántico determina, no seu punto sexto relativo á conservación do patrimonio, que toda obra en territorio de cautela ha de estar vixiada por un arqueólogo. E iso mesmo é o que fai un equipo capitaneado por Miguel Vidal formado por sete arqueólogos e oito colaboradores que pertencen á empresa santiaguesa Ambiotec.
O Dolmen da discordia
O Dolmen en conflicto goza das características habituais deste tipo de xacementos: unha coraza de pedra que rodea ao monumento, un recheo cuberto de terra e a cámara megalítica. De momento, o que se está a facer é tomar fotografías de todo o complexo, e as pezas que se atopen e documente enviaranse ó Museo de Pontevedra. De momento, as obras están paralizadas e o equipo de arqueólogos estima que precisarán duns tres meses antes de que continúen as obras de construcción da autopista.