Rúas colapsadas, fumes nocivos enchendo as cidades, efecto invernadoiro, accidentes de tráfico. A dependencia para moitos excesiva que hai do automóbil para se desprazar en Occidente é causa dunha chea de males a escala planetaria. AÃnda que o noso paÃs carece de grandes urbes, que son as que acumulan a maior concentración destes vehÃculos, o problema está a motivar desde hai xa anos un bo número de iniciativas que traballan por encontrarlle alternativas.
En Europa a metade das viaxes motorizadas son desprazamentos de menos de tres quilómetros. O automóbil é o medio de transporte menos eficiente que existe, seguido polo avión e polo tren de alta velocidade. Estes tres medios son responsábeis de máis da metade das emisións contaminantes á nosa atmosfera. En xeral, e segundo os datos que manexan grupos coma a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), está a se producir na nosa sociedade unha dependencia excesiva do automóbil que afecta directamente a saúde dos que viven na súa compaña cotiá ao tempo que xera unha problemática a escala mundial. Deste xeito, non é de estrañar que desde hai xa moitos anos existan movementos que claman por un emprego máis racional destes vehÃculos, e como non podÃa ser menos, tamén en Galicia existen grupos que promoven xeitos alternativos de se mover. Recollendo estas experiencias, ADEGA organiza desde hai tres anos e en colaboración coa Universidade de Santiago, as Xornadas de Divulgación "Por unha mobilidade sustentábel", a última, o pasado dÃa vinte e tres de outubro.
Modificar as rúas
Estas xornadas dedÃcanse a analizar, coa colaboración de xeógrafos, economistas e profesionais dos transportes entre outros especialistas, posÃbeis medidas para reducir a dependencia do coche. Unhas medidas que chegan a moitos máis ámbitos dos que semellan evidentes á primeira ollada. Ademais de potenciar o transporte público urbano, favorecer o emprego da bicicleta ou apoiar que se compartan os coches, unha das propostas para empregar menos o automóbil é incrementar o número de áreas peonÃs. Onda esta, prohibir o acceso en auto ao centro da cidade, construÃr máis carrÃs bici, instalar medios ecolóxicos coma tranvÃas e mesmo repensar a organización espacial da propia cidade axudan a diminuÃr o emprego de coches. Segundo explican ADEGA e a Federación Ecoloxista Galega no seu comunicado "Por un transporte urbano sustentábel", cómpre abordar a "creación de proximidade" nas urbes, xa que "o desenvolvemento de vilas dormitorio aumenta notabelmente a demanda de transporte". Até o apoio ao comercio de barrio en detrimento das grandes superficies ten a súa importancia á hora de diminuÃr o emprego destes vehÃculos.
A dúas rodas
Unha das propostas fundamentais para conseguir unha mobilidade ecolóxica nas cidades é incrementar o emprego da bicicleta. No noso paÃs, a primeira obxección que xorde a este sistema é o problema que representa o clima. Segundo explica Xan Duro, presidente de ADEGA, "a valoración do clima como problema dáse máis entre a xente que non utiliza a bicicleta que entre quen a emprega, e é que non hai mal clima para a bici, existe roupa pouco axeitada. En paÃses coma Inglaterra e Holanda teñen un Ãndice de emprego deste medio máis elevado a pesar de teren un clima coma o noso". Apoiando este xeito de mobilidade, desde os anos noventa foron aparecendo no noso paÃs diferentes colectivos que promoven este vehÃculo como ideal para se mover nas cidades. Colectivo Peatonal e Ciclista Eixo na Coruña, A Golpe de Pedal en Vigo, Arousa en Bici en VilagarcÃa, Pedaladas en Pontevedra, Xevale Bici-EcoloxÃa, no sur de Lugo e Bicis pola Paz son os grupos que se organizaban con ADEGA o pasado ano en Gabicia, a Coordinadora Galega de Ciclousuarios.
Traballar no pedal
Alén de empregar habitualmente este medio de transporte, estes colectivos realizan habitualmente actividades coma conferencias, marchas en dÃas sinalados ou cicloturismo. Algúns deles, coma o veterano Colectivo Eixo, até teñen realizado estudos sobre os problemas de tráfico e o xeito en que os sistema semafórico, discrimina aos peóns e aos ciclistas. Pola súa banda, Xevale Bici-EcoloxÃa, nacida en 1989, ten en marcha o proxecto bici-vixias polo Caurel, co que vixÃan as desfeitas ecolóxicas que se cometen nesta zona. Entre as demandas máis habituais destes colectivos está que se permita introducir este vehÃculo en transportes colectivos coma o tren ou os autobuses para favorecer o seu emprego e a solicitude de infraestruturas realmente útiles xa que, como explica Xan Duro, "iniciativas coma o carril bici da Coruña, polo Paseo marÃtimo non teñen utilidade como medio de transporte". O presidente de ADEGA lembra tamén que "a bici ten custes paupérrimos na creación de infraestrutura en relación ao coche".
Outro transporte no campo
AÃnda que a maior parte das propostas alternativas para o transporte se refiren aos cascos urbanos, o rural non queda de lado nas polÃticas para conseguir un transporte sustentábel. De feito, a Unión Europea ten en marcha desde hai anos o programa ARTS que pretende reducir a dependencia do coche nestas zonas. AÃnda que, como explica Duro, "cada zona rural é moi particular, e a galega caracterizase por ter uns núcleos de poboación moi pequenos e moi dispersos". O programa ARTS realiza experiencias piloto en toda Europa buscando as mellores receitas para favorecer unha mobilidade alternativa, e leva xa dous anos probando na zona de Viana do Bolo o proxecto RUTO. Esta proposta é algo tan sinxelo como aproveitar a rede de transporte escolar xa existente para que os buses transporten tamén viaxeiros. As abondosas paradas que posúen estas liñas e a conexión que oferta núcleos maiores supoñen grandes vantaxes para que os habitantes destas zonas dispoñan de dous buses diarios que lles ofertan durante os meses lectivos un horario moi axeitado para resolver xestións administrativas, visitas médicas, compras ou outras encargas. Esta experiencia, na que colaboran a Xunta de Galicia e as empresas de transporte, ten como problema que os buses asà empregados precisan un permiso especial, xa que a lexislación prevé que o transporte escolar leve exclusivamente alumnos.
Situación e movemento
A pesar destas iniciativas "Galicia está no vagón de cola en transporte sostÃbel cunha diferenza importante", sinala Xan Duro. "As asociación de ciclousuarios en xeral son moi pequenas e aÃnda que conseguen que se vexan máis bicis polas rúas, cómpre unha aposta forte das institucións, hai que ver alternativas e adaptar as cidades, e até o de agora non se fixo nada". Seguindo nesta liña, o vindeiro mércores dÃa vinte e sete celébrase en Compostela a primeira masa crÃtica, un xeito de mobilización que se está a facer en todo o mundo e que consiste en reclamar, a través do emprego sistemático e colectivo da bicicleta en momentos e lugares acordados espazos para este xeito de se trasladar. E é que o transporte tamén se move.