O histórico navío “Bernardo Alfageme” será finalmente despezado logo de dous anos agardando un destino

A nova morte do Bernardo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Dous anos despois da primeira ameaza de despece e pendente dun destino o Concello de Vigo anunciaba esta semana que o barco “Bernardo Alfageme” será finalmente desmontado. A falta de fondos para desenvolver unha reforma e musealización da nave, que custaría entre 400.000 e 720.000 euros é a razón esgrimida pola corporación municipal para adoptar esta decisión. Diferentes colectivos, coma a Federación de Asociacións de Veciños “Eduardo Chao”, a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos ou o grupo municipal do BNG amosaron a súa oposición a que desapareza o último barco construído en 1994 coa técnica de remaches, sen empregar soldadura.

Máis información na edición de hoxe de Faro de Vigo; a noticia e o dossier sobre o barco no webda federación veciñal “Eduardo Chao” ; máis nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Asociacións, BNG, Concello de Vigo...