Logo de moitos meses de polémica e de protestas, o Concello da Coruña outorgará hoxe no seu pleno a licencia que permitirá derrubar o asilo de Adelaida Muro. Este edificio, construÃdo en 1888, é considerado coma unha das principais mostra da arquitectura urbana galega da época, e posúe algunhas das galerÃa máis espectaculares da Cidade Herculina. Desde que se anunciara a intención de derrubalo, produciuse unha forte mobilización cidadá reclamando a conservación do asilo.
Unha urbanización de luxo
Se non acontece nada, a Comisión de Goberno do Concello da Coruña outorgará hoxe á inmobiliaria Vivienda Confort Coruña o permiso para demoler o Asilo Adelaida Muro. A intención desta empresa é construÃr no solar unha urbanización de luxo.
O último Plano Xeral de Ordenación Urbana da cidade retiroulle á edificación o estatus de edificio de interese histórico-artÃstico e a protección de tipo III de que gozaba, permitindo o emprego residencial do seu chan.
As protestas veciñais levaron á FiscalÃa do Tirbunal Superior de Xustiza de Galicia a investigar esta descatalogación e a venda do solar a unha inmobiliaria por se estes feitos constituÃsen un delictos.
Un edificio con historia
O edificio comezou a construirse en 1888 seguindo o proxecto do daquela arquitecto municipal Juan de Ciórraga, que ademais foi un dos doadores do terreo onda outros cidadáns. O proxecto do asilo foi froito dun acto de filantropÃa, pois non se cobrou nada nin pola cesión do terreo nin polo proxecto nin pola dirección das obras.
Juan de Ciórriga foi autor do primeiro ensanche que se realizou na Coruña e é considerado o introductor das galerÃas acristaladas na cidade, elemento arquitectónico polo que destaca precisamente o asilo.
Segundo sinalaba o antigo catálogo de edificios de interese histórico-artÃstico, o edificio destacaba pola súas "calidades artÃsticas, constructivas e de deseño" e sinalaba as súas caracterÃsticas singulares, coma o ser "de grande amplitude, ben orientado, ten horta e xardÃn amurallado" e unha capela gótica. Ademais, sinalábase o bo estado de conservación do conxunto e as súas posibilidades de emprego.
As protestas
Desde que, hai varios meses se coñeceu a intención do concello de permitir o derrubamento do edificio, desenvolveuse na Coruña unha forte campaña cidadá reclamando a preservación do mesmo e o seu emprego para actividades de servicio público.
Diferentes organizacións polÃticas, sociais e culturais da cidade veñen organizando nos últimos meses diferentes actos, chegando a convocar a case tres mil persoas nunha manifestación o pasado mes de xuño. Tamén nese mes lle fixeran chegar ó alcalde, Francisco Vázquez, os resultados dunha consultar popular que realizaron na cidade. Segundo esa consulta, de 1379 votantes, 1371 estaban en contra de que se derrubase o asilo.
Pola súa banda, diferentes arquitectos e urbanistas manifestaron o seu apoio á conservación do edicio. AsÃ, o arquitecto Xosé Lois MartÃnez realizou un detallado estudio sobre o edificio sinalando a súa importancia como "un elemento fundamental na historia da cidade".