O espectáculo “Acrobacia acuática” mestura a poesía de Chus Pato coa danza e o teatro

Acrobacias con m-Talá

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A sala Galán de Santiago acolle hoxe e mañá a estrea do espectáculo “Acrobacia acuática”, unha performance da compañía lalinense ‘Orfanato Albert Anson de Gramont’. O espectáculo no que interveñen a bailarina Olga Cameselle xunto a Ignacio Vilariño e o iluminador Octavio Mas, usa os poemas de Chus Pato do libro m-Talá (Ed. Xerais 2002) como base para a súa idea na que tamén está presentes textos doutros autores como Poe, Rimbaud, Ferrín ou Celan. A trama do espectáculo xira arredor dun obradoiro de costura onde dous modistos fan o traxe que levará o gañador dun certame poético.

Máis información en Galicia Hoxe
e no sitio web do Teatro Galán

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Teatro, Chus Pato, Danza...