O director de "La Región", Alfonso Sánchez Izquierdo, fÃxose co X Premio Diego Bernal de Xornalismo que entrega anualmente a Asociación de Periodistas de Galicia. O galardón recoñece, segundo a asociación a "dilatada vida profesional" do xornalista e o seu labor dirixindo o rotativo ourensán. Pola súa banda, a asociación de Amigos dos Pendellos outorgou o seu primeiro premio Pendello de Prata a Domingo Frades, presidente da Asociación Fala e Cultura de Cáceres, en recoñecemento do traballo que fai este colectivo pola defensa do galego estremeño. O acto, que contará coa presenza doutros representantes do galego exterior, celebrarase nos pendellos de Agolada o dÃa catorce de novembro.
Máis información sobre o Diego Bernal en La Región e no web da CRTVG