O 47% dos galegos fala só en lingua galega

Unha lingua para cada idade

18/10/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Un 46.62% dos galegos fala habitualmente só en galego, un 19.75% faino só en castelán e o resto fala os dous idiomas. Son os datos que acaba de facer públicos o IGE (Instituto Galego de Estatística) relativos ao módulo de coñecemento e uso do galego. Pero esa porcentaxe varía se vemos o que pasa por tramos de idade. No mesmo estudo evidenciase que os máis novos (de 5 a 29 anos) falan exclusiva ou principalmente o castelán (nun 56.01%), mentres que o uso do galego vai medrando paralelamente á idade.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do IGE

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGE, Lingua galega, Galicia Hoxe, Instituto Galego de Estatística