Co comezo do curso, son moitas as persoas que deciden xuntarse para botar a andar colectivamente proxectos e iniciativas de todo tipo. Para conseguilo, en moitos casos deciden formar unha asociación coa que ter entidade legal e conseguir apoios institucionais ao seu traballo. Esta decisión supón entrar nun labirinto de trámites burocráticos que asustan a moitos pero que, para a maioría das persoas, non supoñen un atranco serio a estas iniciativas.
O primeiro para crear unha asociación, sexa do tipo de sexa, é ter contar cun grupo de xente máis ou menos comprometida e ter claro o obxectivo que terá a nova entidade. Esteban Paz, responsábel da área social do Consello da Xuventude de Galicia, explica Crear unha asociación é un paso moi importante, nesta cultura do individualismo que estamos a fornecer desde todos os ámbitos, que haxa unha serie de persoas que decidan facer un equipo e buscar unhas metas de interese común neste territorio é algo que non é espontáneo é hai que fomentalo. Unha vez aclarado con quen se conta e decidido qué se vai facer, é o momento de atacar os trámites burocráticos. En xeral, as asociacións poden por lei ser culturais, xuvenís ou deportivas. As dúas primeiras son practicamente iguais, tirando a condición que teñen as segundas de ter un límite de idade de trinta anos para os socios e que as axudas e as iniciativas destinadas a elas veñen de diferentes consellerías. Pola súa banda, as deportivas teñen algunhas especificidades a maiores. Hai que ter en conta ademais que, segundo os obxectivos da asociación (defensa do medio ou busca de integración social) pódese contar tamén co apoio doutros organismos. En xeral, e partindo de que este é un portal de cultura, centrarémonos en como se crea unha asociación cultural.
As definicións
En Galicia as asociacións culturais dependen da Consellería de Cultura, e réxense pola Lei de Asociacións que entrou en vigor o pasado mes de marzo. Para legalizar unha destas entidades cómpre en primeiro lugar que os interesados (un mínimo de tres) asinen unha acta fundacional, na que se especifica o nome da entidade (por exemplo Asociación Cultural Amigos de culturagalega.org) e o reparto de cargos da xunta directiva. Nesta mesma xuntanza deben aprobarse uns estatutos nos que se establecen os obxectivos da asociación e ser artella o seu funcionamento interno.
É dicir, hai que incluír entre outras cuestións,
os datos básicos de nome, enderezo, ámbito de actuación
que obxectivos ten a nova entidade (cousas como promover a difusión da cultura galega a través de internet, favorecer o emprego da nosa lingua na rede...)
que cargos compoñen a Xunta Directiva (si, cómpre telos, cando menos no papel, serán os responsábeis poro calquera problema que puidese xurdir no colectivo )
cales son os dereitos e deberes dos socios e en que xeito se adquire ou se perde o status de socio (porque, ademais dos amigos, haberá interese en que alguén máis participe)
cal é o orzamento máximo que pode manexar a asociación nun ano
como se organiza internamente (aínda que se admite certa flexibilidade, terá que ser democrático, non se admiten ditaduras)
como se disolve a entidade e que acontece co seu patrimonio (que en ningún caso poderá reverter nos socios) .
De novo, a complexidade aparente deste proceso é moi superior ao que semella. Simplemente buscando en Google podemos encontrar unha boa cantidade de estatutos e de modelos que diferentes entidades públicas (concellos, Xunta, ministerios) poñen a disposición do público e nos que, maioritariamente, só hai que encher os espazos nos que se establece o domicilio, o denominación, os obxectivos ou ámbito de actuación da entidade, estando o resto das cuestións máis ou menos predefinidas. Hai que ter en conta, á hora de empregar estes formularios, que debe estar especificado que a asociación se funda ao amparo da lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo, xa que aínda se poden encontrar pola rede estatutos que se axeitan á anterior lei (de 1964), e aínda que as diferenzas entre uns e outros non son moitas, abondan para impedir que os acepte a institución pertinente.
Legalizacións
Arranxada esta cuestión, cómpre dar de alta a nosa flamante asociación no Rexistro de Asociacións da Consellería de Interior, entregando tres copias da acta e dos estatutos asinados en todas as súas páxinas polos fundadores do colectivo. Hai facer isto nos cinco días a partir da data que se recolle na acta fundacional e a partir deste intre queda agardar pola confirmación de que se aceptou a inscrición, un prazo que está establecido en tres meses como máximo a partir da recepción da solicitude. Se pasado este tempo non se recibiu resposta, entenderase que a solicitude foi aceita. A continuación hai que visitar a delegación de Facenda, entregando de novo os estatutos selados no rexistro (e van catro copias) e o certificado do Rexistro de Asociacións de ter inscrito o noso colectivo. Todo isto para conseguir un Código de Identificación Fiscal (C.I.F.) que permitirá realizar operacións económicas legais ao noso colectivo, como cobrar subvencións ou facer gastos. De feito as posibilidades que abre este numeriño é a razón fundamental pola que se legalizan as asociacións, que para facer cousas sen necesidade de mover cartos non fai falla tanta burocracia. Aínda despois de ter o C.I.F., chega o momento de conseguir unha das grandes vantaxes que ofrecen as asociacións para facer cousas, a exención de pagar o IVE nas facturas. Hai que achegar o orixina e copia da Acta e dos Estatutos, o C.I.F., o certificado de inscrición e, para completar, unha certificación de que a asociación non ten ánimo de lucro cumpre os requisitos que lle permiten obter esta exención.
Burocracia na túa vida
Á hora de se enfrontar con isto, hai que pesar non pode ser tan difícil, ou non habería a cantidade de asociacións que existen no país. E iso que non destacamos precisamente pola nosa actividade neste ámbito. Falta unha cultura asociativa, explica Esteban Paz. Penso que moitas veces estamos mais afeitos a actuar por delegación, que se preocupen outros polo que podemos facer antes que actuar nós. Unha vez creado o colectivo, o máis duro xa está feito, pero hai que ir comprendendo que determinados xeitos de burocracia comezarán a ser parte da vida como mínimo dos membros da xunta directiva. Deste xeito, cómpre levar un rexistro actualizado das altas e das baixas de socios que se vaian producindo e un libro de actas ao día no que se recollerán as decisións aprobadas en asembleas e que é en ocasións un documento imprescindíbel para dar fe da existencia da asociación e da súa actividade. Do mesmo xeito hai que levar un libro coas contas do colectivo. A maiores, hai que contar cos trámites necesarios para solicitar axudas e subvencións ou os permisos que se deben conseguir para desenvolver determinadas actividades (reservar espazos públicos ou contratar seguros para viaxes son os máis habituais). Pero, unha vez superada a proba da legalización, está claro que somos capaces de todo.
Contas e opcións
Se por unha banda a nova Lei de Asociacións obriga a unha maior exhaustividade no control das contas, pola outra abre tamén toda unha serie de posibilidades a estes colectivos que até o de agora estaban reservados a fundacións ou mesmo a empresas. Segundo explica Esteban Paz a nova lei relaciona máis polo miúdo todos os dereitos dos socios, e a persoa vese máis amparada. Impón unha práctica de transparencia no funcionamento, xa que hai que pensar que os cartos que manexa unha asociación non son dela propiamente, senón que son dos asociados, das administracións ou das empresas do contorno, e hai que renderlle contas a ese contorno. Entre as opcións que abre a nova lei, está o feito de que unha fundación poida xestionar legalmente un negocio (un bar, unha imprenta, unha empresa de animación sociocultural), sempre que os beneficios sexan integramente destinados a cumprir os fins para os que se creou o colectivo. Segundo Esteban, O que pasa é que os recursos son escasos e son moitas mans a pedir, entón con esta lei o que se incentiva é que as mans sexan quen de xerar recursos propios, ven sexa a través dun bar, da edición e venda de material ou doutras actividades. De calquera xeito, hai que ter en conta que asumir estas actividades supón novos trámites burocráticos...