Conferencias, presentacións e web, actos do Consello da Cultura no día das Letras

Día de días

| Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

"Un diccionario é máis que un libro, é un símbolo na historia dun pobo". Deste xeito Antón Santamarina, o director do Instituto da Lingua Galega, abría o programa de actividades organizado polo Consello da Cultura Galega para celebrar o Día das Letras Galegas. Os actos continuan coa presentación ás sete da edición facsimilar do libro de poesía de Eladio Rodríguez, "Folerpas" e coa nova web do consello, www.consellodacultura.org, que se fará mañá, día 17.


Conferencia sobre lexicografía

O director do instituto da lingua galega, Antón Santamarina, foi o encargado de abrir o programa de actos. E fíxoo cunha conferencia titulada "Eladio Rodríguez, lexicógrafo", no que destacou a importacia do traballo de Eladio Rodríguez, a creación dun diccionario, sen o que non "existiría nin o Xerais, nin o Cumio, nin ningún outro diccionario galego que hoxe ten tanto éxito editorial". Santamarina destacou o coñecemento que Eladio Rodríguez tivo do léxico galego, ó que lle adicou toda a súa vida para a elaboración do "Diccionario enciclopédico gallego-castellano" e o escaso recoñecemento público que tivo.

Presentación do facsímil

Os actos organizados polo Consello da Cultura Galega continúan hoxe mércores ás sete coa presentación de "Folerpas"; unha edición facsímil do libro de poesías que Eladio Rodríguez publicou en 1894. Un acto que terá lugar ás sete e que irá acompañada da proxección do vídeo "Os mutis de Don Eladio. Palabras e silencios de Rodríguez González". Un filme elaborado por José Antonio Durán e que se centra na vida e na obra do lexicógrafo ourensán.

Consellodacultura.org


O propio día das Letras Galegas, o 17, terá lugar a presentación oficial da novo sitio web do Consello da Cultura Galega, e que se atopará no enderezo www.consellodacultura.org. Unha nova web asentada en dous piares claves, a libre distribución de contidos e a interactividade. Un deseño renovador para a institución, ampliada de contidos e que pon na rede á disposición de todo o mundo

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Santamarina, Consello da Cultura Galega, Lingua galega, Día das Letras Galegas...