Nas últimas décadas poucas iconas conseguiron converterse nun referente recoñecido por toda a poboación e foron capaces de unir milleiros de persoas ao tempo que se facÃan parte do imaxinario colectivo que define o noso paÃs. Sen dúbida, unha delas foi a representación en debuxo dun animal totémico, transformado en mascota da programación infantil televisiva. No paÃs con menor taxa de natalidade do mundo, o XabarÃn mobiliza os nenos desde hai xa dez anos.
A tarde do 18 de abril de 1994 os televisores do noso paÃs lanzaban ao ar por primeira vez as notas dunha curiosa canción "Somos do clube da galega, por fociños, por cacheiras...". Onda ela, a animación dun grupo de animais nun autobús daban a entrada a programación infantil da Televisión de Galicia. Era o comezo do XabarÃn Club, un programa que se habÃa de transformar nunha autentica icona popular de final do século XX. A través do XabarÃn chegaron aos máis novos e no noso idioma boa parte das series de máis éxito da programación infantil internacional, onda clásicos coma Os Picapedra ou Tom e Jerry. "A idea era facer un programa cunha continuidade que englobase os debuxos animados que xa se estaban emitindo", explica Paco Carballés, produtor e un dos iniciadores do proxecto. Para conseguir unha maior participación dos nenos e unha audiencia máis fiel, naceu, a partir do programa, o XabarÃn Club, que pretendÃa vencellar os máis pequenos co programa. Segundo apunta Carballés, "Contabamos con que Ãa funcionar, e ao ver a afiliación tan forte das primeiras tempadas pensamos que se estabilizarÃa o número de socios en sesenta ou setenta mil".
Máis de cen mil
Logo de dez anos, unha cuarta parte dos nenos de Galicia, uns 113.900 cativos e cativas, son ou foron socios do XabarÃn Club. De todos eles, 83.065 son na actualidade menores de dezaoito anos e por tanto considéranse socios activos do clube. Entre todos os que pasaron polo XabarÃn encontramos rapaces de León, de Portugal, de Italia, de Finlandia, de Arxentina ou de Mozambique. Todos comparten as series, os concursos e os diferentes espazos que foron compoñendo, na última década de emisión, as programación infantil que a TVG. AÃnda que o ritmo de afiliación foi decrecendo nos últimos catro anos mantÃvose mais ou menos estábel nunhas catro mil novas incorporacións anuais.
Aniversarios e agasallos
Entre os elementos que identifican desde o seu nacemento do Club, está a felicitación que, polo dÃa do seu aniversario, reciben os socios a través da televisión aparecendo o seu nome e foto na pantalla. "Cando habÃa poucos socios púñamos aleatoriamente as súas fotos en pantalla, mais ao medrar o número houbo que discriminar dalgún xeito os que aparecÃan cada dÃa, recollemos algo que habÃa en TV3 onde felicitaban os aniversarios pondo o nome dos socios en pantalla, e xuntamos as dúas ideas", explica Carballés. "Iso deunos ao comezo moitÃsimo traballo, era un proceso totalmente artesanal". Alén de felicitar aniversarios, XabarÃn deixou a súa pegada na multitude de obxectos nos últimos dez anos. Balóns de praia, mochilas, pins, adhesivos, papaventos e, sobre todo, camisetas, das que se repartiron trinta mil en todo o paÃs. Pouco a pouco fóronse facendo novos obxectos cos que agasallar os socios que participaban diariamente nos concursos do programa. "Agora queremos ir facendo obxectos novos cada ano, pero nunha menor cantidade, o último que fixemos foi unha cunca e unha gorra", explica Carballés.
Personaxes
O noso autor de banda deseñada máis internacional, Miguelanxo Prado, foi o responsábel do feitÃo deste animal. Ao XabarÃn en si fóronse engadindo cos anos axudantes nas tarefas de presentación, coma foron as presentadoras animadas UxÃa e Xonxa, e personaxes reais coma o Inspector Tomé, que amosaba a actualidade do paÃs, Carlos Portela (o Doutor TNT) que explicaba a historia de moitas das personaxes que aparecÃan na pantalla, Silvia Superstar, especialista en obxectos estraños ou Manolo Romón, que presentaba o concurso que, en varias tempadas, facÃa parte do programa.
A música dos porcos bravos
Outro dos riscos de identidade do XabarÃn é o seu vencello coa música. "Desde o primeiro momento estaba a idea. Ao principio era pedirlle aos grupos que fixesen versións de música de debuxos animados, despois collemos cancións que estaban xa compostas, e ao final fóiselles pedindo aos grupos que fixesen cancións para o programa", explica Carballés. Deste xeito foise creando aos poucos un espazo pioneiro para a proxección pública de moitos grupos galegos, que contaban con videoclips propios no programa e que se daban a coñecer entre os oÃntes máis novos. O Caimán do RÃo Tea, Heredeiros da Crus ou Siniestro Total foron algúns dos moitos grupos que participaron nesta iniciativa. Recompilando todos estes temas, o programa lanzou desde o seu nacemento cinco discos e mais unha escolma que recollen o mellor do pop e do rock galego dos últimos anos. O éxito da música do programa, combinado co éxito mediático da mascota e dos temas musicais levou ao nacemento dun novo fenómeno, as actuacións en directo.
XabarÃn en directo
"A xénese foi o boneco, a idea era que saÃse por aà para ter un achegamento cos pequenos, mais as primeiras veces habÃa unha avalancha tal que decidimos poñelo nun escenario", apunta o produtor do espazo. Deste xeito comezaron as actuacións en directo do XabarÃn. "Comezamos cunha pequena xira, e na última movÃamos xa máis de trinta persoas sobre o escenario". Foi en 1995 cando o XabarÃn iniciou a súa actividade en directo coa xira "A bailar con XabarÃn". De novo voltou ao escenario para presentar o duplo álbum "Cada dÃa somos máis" no 96 e no 97 deu varios grandes espectáculos centro das actividades de "Galicia Terra Única" e "Voz Natura" . Sen embargo foi no 98 cando se fixo a Xabaxira, un grande espectáculo no que, onda as actuacións musicais en directo, participaban acróbatas, bailarÃns e bonecos representando moitos dos personaxes das series televisivas. Até o momento, esa foi a última grande serie de actuacións do porco bravo por Galicia. "Deixouse sobre todo porque era un esforzo enorme para o equipo do programa que nos obrigaba a deixar outras cosas", explica Carballés.
En serie
Unha desas "outras cousas" verÃase no ano seguinte na forma da longametraxe e serie de debuxos de animación "Os vixilantes do camiño", que fixo das personaxes que presentaban o programa, onda algunhas outras feitas para esta produción, auténticos heroes que defendÃan os últimos redutos da cultura tradicional das maquinacións da Dabondo Corporation. A serie, coma o programa en xeral, foi todo un éxito de público e enganchou os máis pequenos á programación infantil da TVG.
Presente e futuro
De cara ao futuro, o XabarÃn prevé expandir a súa presenza na televisión. "Estamos traballando agora en asentar esa imaxe de XabarÃn coma presentador do programa, queremos conduza un pouco coma un magazine", adianta Carballés. Xa durante este ano, o programa estreou a sección "Expediente X", que amosaba algúns dos mellores momentos desta década de porcos bravos catódicos. O programa tamén estivo presente no Salón do Cómic da Coruña presentando unha exposición na que se recollÃa unha selección de traballos destes dez anos de actividade. Para o futuro máis inmediato "estamos a piques de estrear unha sección de debuxos realizados polos propios socios", asegura o produtor. "O que máis destaco do club nestes dez anos son os socios, todos os dÃas chegan un lote de cartas para participar nos sorteos” conclúe o productor. O porco bravo non corre, ao parecer, perigo de extinción da TVG.