Fallado o premio de literatura infantil e xuvenil Meiga Moira organizado por Baía Edicións

Premios Meiga Moira

O escritor melidense Cibrán de Ulloa resultou gañador do premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil coa obra “O lume dos soños”. O premio organizado por Baía Edicións ten unha dotación de 2.500 euros e a publicación da obra. O xurado, composto polos profesores Carlos-Paulo Martínez Pereiro e Dores Fernández López, os escritores Cristina Sáez Cazallas e Xavier Barreiro Liz e por Mª. Belén López Vázquez de Baía Edicións, tamén designou como finalista á novela “Un marciano neste mundo”, da escritora tudense María Concepción Regueiro Digón.