O modisto coruñés Jorge Vázquez recibe o premio L’Oreal á mellor colección

L’Oreal Coruña

24/9/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
11 lecturas | Compartido 0 veces
O coruñés Jorge Vázquez acudía por sexta vez á pasarela madrileña de Cibeles, dentro da sección dedicada aos máis novos. Alí, o deseñador e a modelo keniana Ajuma Nasanyana foron galardados cos premios L’Oreal á mellor colección e á mellor modelo respectivamente, dotados con 6.000 euros. O xurado valorou unha colección na que o galego quixo render unha homenaxe á Panteira Rosa no seu cuadraxésimo aniversario.

Máis información no web de Cibeles

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves