Se onte falabamos da xénese e do nacemento do Centro Dramático Galego (CDG) hoxe toca falar do máis actual. Un presente que está ligado a un nome propio: Manuel Guede Oliva que ademais de ser o director máis estábel do centro, exerceu de anfitrión no acto de celebración da efeméride cunha exposición, cun libro e cun DVD que fan memoria destas dúas décadas de teatro. Alén diso, onte tamén se avanzou a programación da temporada coa que o centro salda unha débeda co público infantil.
Nos vinte anos que cumpre o CDG houbo sitio para autores contemporáneos galegos, autores históricos galegos, estranxeiros e sempre contando cos actores de aquÃ. Pero no ano no que cumpre dúas décadas de vida o teatro público do pais programa unha obra para ese público que tan esquecido tivo nos seus anos de historia: o público infantil. Será coa obra do escritor Carlos Casares "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" que a través da ollada de José Caldas, o coñecido director luso-brasileiro, se poderá ver a partir do dÃa 22 de outubro.
Como apuntabamos onte, tres son os espectáculos que acostuma a representar o CDG por tempada, e as outras montaxes que o CDG presentou onte para este ano teatral 2004-2005 son a versión de Manuel Guede do "Ricardo III" de William Shakespeare e "Seis personaxes en busca de autor" co que Xulio Lago regresa á dirección dunha obra CDG.
A programación presentouse na sede da Fundación Torrente Ballester onde se inaugurou unha exposición "Atrezzos na memoria" e se presentou un Libro-DVD. Alà estiveron presentes Xulio Lago, director da primeira montaxe do CDG, quen pediu "comprensión entro o mundo da profesión para unha estrutura incuestionábel do tecido teatral", Xosé Manuel Olveira "Pico", quen recordou as dificultades de inicio da institución, o dramaturgo Daniel Cortezón autor do texto da montaxe "XelmÃrez ou a gloria de Compostela", Manuel Guede quen asumiu a súa responsabilidade nos erros do CDG ao tempo que asegurou que "dentro de vinte anos o seu labor será xulgado moito mellor que hoxe" e o Conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela quen destacou a importancia da canteira de actores dentro do mundo do teatro e do audiovisual. Na mesa habÃa unha cadeira baleira para lembrar aos que formaron parte do proxecto e xa non están (como Roberto Vidal Bolaño) e a todos os técnicos e persoas que están por detrás do escenario e sen os que os espectáculos non serÃan posÃbeis.
O presente-presente
"Atrezzos da memoria" é o tÃtulo co que a compañÃa pública organizou unha montaxe na Fundación Torrente Ballester. Carteis, fotografÃas, figurinos, maquetas, vÃdeos e outro tipo de elementos escenográficos para realizar unha proposta estética deixan de ter unha utilidade inmediata para converterse e pezas de exposición. A mostra estará aberta até o 31 de outubro.
Como o teatro non pode estar de costas ao público, o CDG asinou un convenio con Compostela Monumental en virtude do que se poñen en marcha outras iniciativas para celebrar a efeméride. A primeira delas é a exhibición e de diferentes elementos de atrezzo e material artÃstico dunha vintena de estabelecementos do casco antigo de Santiago. E, nos últimos sábados de outono a praza do Toural desenvolveranse tres obradoiros de vestiario (16 de outubro), maquillaxe (23 de outubro) e de maquinaria escénica (30 de outubro).
O presente-pasado
O momento presente do CDG comeza a escribirse en 1991, porque é entón cando o ourensá que estivo desde sempre ligao ao mundo do teatro a eo propio centro, Manuel Guede Oliva asume o cargo, recollendo como herdo un teatro público cuestionado, perdido e sen rumbo. Segundo analiza Inma López Silva nun artigo publicado en Grial, a estabilidade que abre Guede permite debuxar tres etapas. A primeira vai de 1991 a 1996 que se caracteriza pola representación dos clásicos. É o momento de Shakespeare, Buchner ou Ramuz da dramática universal e de Blanco Amor, Dieste ou Otero Pedrayo da dramática galega. A segunda etapa, 1996-1998, abre o camiño a autores como Xavier Lama, Vilar Ponte, Quico Cadaval, co que o Centro se abre ao repertorio de autores galegos contemporáneos, dando paso a unha maior experimentalidade que combina novas linguaxes dramáticas co teatro máis tradicional. Por último, a partir de 2001 e a través da fórmula da coprodución, o CDG abre unha vÃa de colaboración e intercambio estético co teatro portugués.
O presente-futuro
O futuro do CDG é coma todo, unha páxina en branco que está por escribir, pero hai algúns temas que xa se sabe que haberá que abordar. E un deles atinxe á formación da canteira de actores. Nese sentido, Manuel Guede na rolda de prensa previa á inauguración da exposición, parafraseou o que xa dixera o primeiro director do CDG, cando sinalaba que o Centro é unha ferramenta. E foi máis alá "é certo que falta unha escola de Arte Dramático pero non lle podemos pedir a un desparafusador que crave puntas".
Noutro momento, Manuel Guede coméntanos que "non se poden solapar niveis, a creación dunha escola de Arte Dramática é competencia exclusiva da ConsellarÃa de Educación e é mais, a cuestión formativa e regrada, está perfectamente deseñada no réxime de ensino especial que afecta por igual a música, danza e teatro". AÃnda que se fala de Vigo como sede da Escola Superior de Arte Dramática, Manuel Guede abre unha cuestión que logo responde " Onde poderán os actores licenciados desa escola formar parte dun repertorio teatral galego, con capacidade para producir espectáculos de sobrada solvencia? No teatro público". Un feito que se desenvolve por igual en todos os paÃses europeos con práctica teatral normalizada, e nese sentido "o que estou disposto é a cambiar o nome de unidade de produción por unidade de creación que é o máis estándar".
Polo demais, Guede non desaproveitou a ocasión para marcar a independencia do teatro público galego e asumiu que se houbo erros durante estes últimos trece anos foron os seus. En todo caso, engadiu, "durante a historia do CDG houbo crÃticas boas e malas, pero falouse del e non se pode falar do que non existe". Nestes vinte anos houbo atrancos, moitas dificultades, momentos delicados pero o que non se pode negar é que o teatro público está vivo.