A Fundación Casares organiza un debate sobre os estados nacionais

Os estados en Mondariz

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Desde hoxe e até o venres, a Fundación Casares organiza a II edición dos "Encontros de Mondariz-Balneario" que este ano teñen por título "O goberno do mundo. Presente e perspectivas do Estado Nacional". Entre os conferenciantes, que chegan do mundo da política, da cultura e do universitario, estarán Danilo Zolo, catedrático da Filosofía do Dereito da Universidade de Florencia, Richard Falk, catedrático de Dereito de Práctica Xurídica da Universidade de Princeton ou Ramón Maiz, decano de Ciencias Políticas de Santiago. Na presentación dos encontros, o director da Fundación, Damián Villalaín explicou que "os encontros se caracterizan polo pluralismo e a universidade", que permite recuperar o espírito dialogante de Casares.

Máis información no web da Fundación Casares, e sobre a propia fundación na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Casares, Mondariz, Damián Villalaín, Filosofía...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares