A Fundación Casares propón un debate sobre as relacións entre a Igrexa e o Estado

Gregorio Peces-Barba e José Bono son algúns dos participantes do encontro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

As relacións entre a Igrexa e o Estado foron sempre moi controvertidas. Por iso, este é o tema no que se pretenden centrar os VII Encontros Mondariz-Balneario. Baixo o título “O César e Deus: relixión, laicidade e espazo público” a Fundación Casares pretende por sobre a mesa as alternativas e opcións asisadas dende a consideración do contexto mundial e dos antecedentes históricos, atendendo especialmente á nosa circunstancia inmediata. Gregorio Peces-Barba, José Bono e Andrés Torres Queiruga son algúns dos participantes destes encontros que terán lugar do 20 ao 22 de outubro en Mondariz-Balneario (Pontevedra).

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Casares, Mondariz, Andrés Torres Queiruga, Deus...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos