Estes días Santiago acolle a rodaxe das películas Residencial Caribe de Ángel Peláez e Saint Jacques da cineasta francesa Coline Serrault. Unha mostra do que esta semana apuntaba o concelleiro de turismo, Francisco Candela, ao presentar os datos da Santiago Film Commission que apuntaban á multiplicación das rodaxes na cidade. Un feito que deixou na cidade do apóstolo tres millóns e medio nos últimos tres anos (do que o 55% corresponde á contratación de técnicos e artistas e o 15% a hostalería). Polo demais, Francisco Candela tamén apuntou que nas vindeiras semanas está previto a rodaxe de dous documentais e unha curtametraxe.
Máis información sobre os datos no web da Santiagoturismo.com