A rodaxe de películas deixaron en Santiago 1.3 millóns de euros no último ano

Unha cidade de cine

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Estes días Santiago acolle a rodaxe das películas “Residencial Caribe” de Ángel Peláez e “Saint Jacques” da cineasta francesa Coline Serrault. Unha mostra do que esta semana apuntaba o concelleiro de turismo, Francisco Candela, ao presentar os datos da Santiago Film Commission que apuntaban á multiplicación das rodaxes na cidade. Un feito que deixou na cidade do apóstolo tres millóns e medio nos últimos tres anos (do que o 55% corresponde á contratación de técnicos e artistas e o 15% a hostalería). Polo demais, Francisco Candela tamén apuntou que nas vindeiras semanas está previto a rodaxe de dous documentais e unha curtametraxe.

Máis información sobre os datos no web da Santiagoturismo.com

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Cine, Documentais, Apóstolo