As letras contan, desde o Rexurdimento, cun especial recoñecemento na cultura de Galicia. A importancia da literatura para normalizar e defender o noso idioma fixo que, desde hai máis de cen anos, poetas e narradores sexan honrados e valorados socialmente máis do que outros artistas ou activistas. Curiosamente, agora é a Asociación de Escritores en Lingua Galega quen se quere lembrar daquelas persoas que, sen se dedicar necesariamente á escritura, se converteron en pezas claves do noso desenvolvemento cultural. Avelino Pousa Antelo será o primeiro dos que reciban esta distinción, o vindeiro sábado dÃa dezaoito.
Onda os creadores, a cultura precisa de persoas que se preocupan unicamente por difundir e dar a coñecer a obra dos demais. Editores, mecenas, organizadores de actos e activistas culturais de todo tipo son parte esencial para que ese corpo de creación funcione. Agora chégalles, precisamente desde a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a quenda das honras a estas persoas. Os literatos galegos botan a andar o sábado dÃa dezaoito "Os bos e xenerosos", un evento que quere lembrar cada ano a un persoeiro vivo da cultura que desenvolva estas tarefas independentemente do traballo que poida facer coma creador. Segundo Carlos Negro, secretario da Asociación, "A idea da homenaxe a persoas vivas faise porque a AELG considera sempre que a cultura galega é un organismo vivo e está en pleno funcionamento e pensamos que persoas de longa traxectoria de compromiso coa literatura e tamén coa cultura galega merecen un recoñecemento en vida".
Lembrar en vida
A asociación xa é veterana en recoñecer en vida o traballo dos autores, e leva xa dez anos a organizar a o evento "O escritor na súa terra". Neste acto descóbrese unha pedra e plántase unha árbore na terra natal de cada autor, lese a súa obra e lémbrase a súa carreira sen ter que agardar a que pasen dez anos da súa morte para que lles dediquen o DÃa das Letras. Dun xeito semellante funcionarán os actos de "Os bos e xenerosos". Cada ano unha mesa redonda "a cargo de catro persoas que coñecen o homenaxeado e poden valorar o seu traballo en diferentes eidos", explica Carlos Negro, "fará unha reflexión sobre a súa obra e a súa vida". A continuación, un amigo persoal do protagonista realizará unha laudatio que será respondida polo agasallado, para seguir cun acto musical e un xantar ao que están convidados os membros e simpatizantes da AELG. "Esta é a primeira edición deste evento e a programación do acto está suxeita a posÃbeis revisións".
O primeiro ano
Para abrir as homenaxes no Museo do Pobo Galego, a AELG escolleu a Avelino Pousa Antelo, unha persoa que, aos noventa anos de idade, ocupa por dereito propio un lugar na cultura galega. Os seus méritos non son poucos. "Representa probabelmente con outras persoas da xeración anterior á Guerra Civil unha especie de memoria viva e activa", explica Carlos Negro, "porque el segue a colaborar cono todas actividade culturais que organiza a AELG e outros organismos, ademais de ser presidente da Fundación Castelao, foi un mestre que sempre defendeu o galeguismo, e a súa vida é un exemplo de como se pode asumir a un tempo o traballo individual e social, e sempre cun enorme entusiasmo, e cunha grande capacidade de convencer aos demais das súas ideas galeguistas", completa.
Pousa Antelo
O traballo de Pousa Antelo na cultura do noso paÃs vai desde as Mocidades Galeguistas dos tempos da Républica até a participación activa nos movementos sociais e culturais que naceron a raÃz da catástrofe do Prestige. Trátase pois de alguén que posúe a memoria viva da cultura e do movemento galeguista do último século, desempeñando oficios que van desde o de mestre ou xornalista ao de ensaÃsta, sen esquecer unha continua actividade polÃtica. Unha das maiores preocupacións que se sosteñen ao longo de toda a súa carreira é a promoción do cooperativismo no agro galego, tema sobre o que ten escrito abondosos artigos e ensaios coma "Reforma das Estrutura agrarias de Galicia" ou " Valen ou non as cooperativas comunitarias para o campo galego?". Preocupado polas novas tecnoloxÃas e sempre en contacto directo coa actualidade, a súa participación en todo tipo de iniciativas culturais por todo o paÃs é constante e, alén de presidir a Fundación Castelao, participa na Fernández Flórez, na Pedrón de Ouro e na Alexandre Bóveda. O seu traballo valeulle xa diferentes homenaxes coma a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, o premio Moncho Valcarce á Promoción da Terra este mesmo ano, ou a inauguración dunha rúa co seu nome en Pontecesures.
O futuro
Despois do acto do vindeiro sábado, a Asociación de Escritores pretende continuar a honrar, ano a ano, traballos a prol da cultura alén da creación literaria. "No futuro non só queremos seguir recoñecendo xente que defenda cultura galega, a homenaxe tamén chegará a colectivos e entidades", sinala Carlos Negro. Polo de agora, sen embargo, os escritores non adiantan os nomes de futuros honrados. Haberá que agardar un ano.