Alber Ponte comeza a rodaxe da súa longametraxe “O don da dúbida”

Dubidando no Grove

Da man da Productora Morta, Alber Ponte esta a rodar en O Grove a súa longametraxe “O don da dúbida”. O filme conta como dous irmáns moi diferentes, Xesús e Tomás, se atopan moitos anos depois por mor dunha circunstancia inesperada. A película conta cun orzamento de 240.000 euros e coa participación de actores como Luís Tosar, Jesús Cabrero e Tomás del Estal.

Máis información no web da Productora Morta