Preestréase na Coruña “O agasallo de Silvia” a primeira longametraxe rodada en formato dixital

Regalos de cine

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Luís Tosar, Adriana Domínguez e Bárbara Goenaga son os protagonistas de “O agasallo de Silvia” o filme, coproducido pola productora Lorelai. Preestréase hoxe na Coruña e conta a historias de varias persoas que reciben os órganos dunha rapaza que acaba de finar. “O agasallo” foi rodada na Coruña e é a primeira longametraxe que se grava en formato dixital. E hoxe tamén haberá outras proxeccións, pero serán de curtas e na rúa. Forman parte do ciclo “actividades de rúa” que a asociación Compostela Monumental ten previsto para este verán. A cita é esta noite na Praza do Toural entre as 22:30 e as 24:00. As proxeccións continuarán mañá, pasadomañá e os días 18 e 19 deste mes.

Máis información sobre “O agasallo de Silvia” no seu sitio web e sobre o ciclo de curtas en La Voz de Galicia e El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Cine, Luís Tosar, El Correo Gallego...

Claves

Protagonistas
Conceptos