O filme de Alejandro Amenábar rodado en Galicia e protagonizado por Javier Bardem, competirá polo León de Ouro na Mostra de Venecia que comezou onte. Un evento ao que irá Francisco Candela, concelleiro de Turismo de Santiago, o director Jorge Coira e diferentes técnicos da Santiago Film Commission, co obxectivo de promover a capital galega como escenario para a produción de pelÃculas. Ademais, en Venecia terá lugar a terceira xuntanza técnica da "Rede Cidades de Cine" á que pertence Santiago e na que abordarán os traballos feitos desde a última reunión, a creación da web da rede e un estudo comparativo das ordenanzas municipais en canto as rodaxes.
Máis información no web Santiagoturismo.com