¿Que teñen en común Galicia, Arxentina, China, Mozambique, Perú, a India, Estados Unidos e Dinamarca? Pois poucas cousas: ter habitantes, que viven en casas, e que algunhas delas son exemplos da arquitectura contemporánea. As mellores e máis espectaculares vivendas destes países aparecen recollidas nun monumental atlas de arquitectura que acaba de editar unha editorial británica. É a xeografía da arquitectura do mundo.
A Biblioteca Central da Universidade de Vigo feita por Alberto Noguerol e Pilar Díez inaugura a listaxe dos cinco edificios galegos que se inclúen no "Atlas Phaidon de Arquitectura Mundial Contemporánea". O volume (de case medio metro e varios quilogramos de peso) está editado pola empresa británica Phaidon, que está especializado en libros de arquitectura e que acaba de presentar este traballo dividindo os proxectos en seis áreas xeográficas, que se corresponden cos seis continentes (distinguindo entre América do Norte e do Sur). En total, a publicación presenta 7.000 fotografías, planos, axonometrías coas que se pretende facer unha ficha explicativa de cada un dos proxectos seleccionados.
O caso galego
Alén da Biblioteca da Universidade de Vigo hai outros catro proxectos arquitectónicos en Galicia que mereceron, segundo os expertos da editorial, estar incluídos dentro da publicación. E neles hai traballos de galegos e traballos de estranxeiros que fixeron aquí os seus proxectos. É o caso de David Chipperfield que deseñou para pasar os veráns en Corrubedo unha vivenda unifamiliar de 210 metros cadrados que figura como un dos exemplos da arquitectura contemporánea. Tamén aparece a facultade de ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago deseñada polo portugués Álvaro Siza, quen tamén asinou outras obra en Galicia como o Centro Galego de Arte Contemporánea. Os galegos César Portela e Jorge Meijide completan a listaxe de edificios sitos en Galicia co Cemiterio de Fisterra e co albergue de peregrinos de Vilalba, respectivamente.
Arquitectura contemporánea: entre o deseño e o medio
Construír unha casa é moito máis que xuntar cemento e tixolos e facer catro paredes cun teito. En plena loita contra o feismo urbanístico, hai múltiples exemplos de arquitectura que pretende inserirse na paisaxe, confundirse entre os múltiples cambios orográficos que ten o noso país.
Un exemplo disto é Corrubedo, a vila mariñeira de Ribeira na que catro arquitectos de sona amosaron que existe unha forma de vivir no medio integrándose nel. Alén do caso de Chipperfield, presente no volume de Phaidon, Manuel Gallego, Iago Seara e Estanislao Pérez Pita teñen na vila oceánica unha casa. Pero percorrendo as estradas galegas, estas casas non son as máis visíbeis, nin moito menos. A gran virtude destas construcións é o de estaren pensadas para diluírse no medio, confundíndose cos propios espazos e que non chamen a atención dos paseantes ao tempo que están dotadas de todas as comodidades imaxinábeis. Mais non todo é así.
A realidade supera á literatura
Paseando por calquera estrada, autoestrada ou corredoira que serpentean o mapa de Galicia o máis común é ver o típico chalé de granito rosa, estruturas de cemento, tixolos e liñas infinitas de adosados ou pareados acompañados de vivendas unifamiliares con catro paredes e un tellado a dúas ou catro augas. Non hai unha liña uniforme nin nos materiais nin nas formas. O feismo urbanístico, nome dado a unha construción salvaxe e desaforada que non respecta o medio, nin aos materiais empregados, comparte eira ou terruño con construcións asinadas polos arquitectos máis prestixiosos de Galicia (como Iago Seara, César Portela ou Pedro de Llano, por citar algúns) e mesmo que veñen de fóra (Siza, Chipperfield...).
Construcións de tan diferente corte e estilo que compoñen a realidade paisaxística e que teñen en común ser asinados por arquitectos, construtores e mesmo promotores; que revelan formas de facer e de pensar tan distintas como personas hai mais que no fondo, todas acaban tendo licenza.