Un estudo encargado polo concello da Coruña debuxa un perfil violento dos adolescentes da cidade

O perfil malo

Os investigadores do Centro de Investigación Social de Galicia consideran “moi preocupante” o elevado grao de xustificación da violencia que atoparon no seu estudo sobre os adolescentes coruñeses. Da enquisa representativa feita entre mozos e mozas de entre doce e quince anos da cidade extráese, entre outra moita información, que o 50% encontra xustificación á violencia e catro de cada dez escusan as actitudes racistas contra o xitanos, aínda que esta actitude é menor entre as mulleres. Do mesmo estudo extráese tamén que o castelán é a única lingua que falan e escreben o 70 por cento dos adolescentes e só un da cada catro admite ser bilingüe.

Máis información no xornal La Opinión