Fariña, auga, sal e levadora ou o que é o mesmo, pan. Nunca unha receita tan sinxela puido ter tantas variantes e arrastrar consigo toda unha cultura propia. Non só a que se pon na mesa de cada un de nós cada día, senón nas diferentes formas de celebración e de exaltación dun produto que foi protagonista nas epidemias e crises económicas ao longo de toda a historia. Aquí, varios concellos desenvolven ao longo do ano diferentes actividades que teñen o pan como fin e como medio. Iniciativas moi saborosas.
Ademais de ser un elemento básico dentro da dieta diaria, o pan leva implícitos catro aspectos: os cereais, as tarefas agrícolas, os rituais e os muíños. Son precisamente nestes catro aspectos nos que se centran as distintas actividades que varias asociacións culturais realizan en diferentes puntos de Galicia ao longo de todo o ano.
A feira de O Campo
Empezamos polo máis próximo no tempo, porque esta fin de semana na parroquia de O Campo en Marín celébrase a primeira edición da "Feira do pan". Un evento co que a asociación de veciños pretende, tal e como explicou a organización na presentación do evento "recuperar o todo o proceso que se precisaba para obter o pan, desde moer o millo no muíño do río Loira, até a elaboración de postres ou empanadas".
Mais esta festa vai alén da simple degustación do pan elaborado na parroquia, senón que como ben recordan desde a organización "tentaremos recordarlle á xente o valor que teñen o río e os muíños, que na actualidade están case esquecidos, mais que no seu tempo foron vitais para moitos veciños; alén de recuperar as tradicións que orixinou nesta zona".
As xornadas de Arzúa
Desde hai un tempo, a Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa traballa para promover e xestionar actividades que incidan no desenvolvemento económico do concello, tal e como rezan os seus estatutos. Neste sentido, alén da importancia que ten ser un dos concellos polos que percorre o Camiño de Santiago, hai un especial interese nos labores colectivos agrarios que deixaron unha fonda pegada, non só nas súas cantigas populares, senón tamén na cultura en xeral. E nese punto é onde entran as que chaman Xornadas do Pan, xa que o trigo e o centeo tiveron unha importancia capital na economía da zona. Pilar Castro, que fai parte da asociación, incide en que "boa parte das xornadas do pan fixéronse para que a xente nova soubera o que é unha malla, porque non tiñan ningún tipo de referente".
Alén diso, tal e como explica o seu sitio web "coas Xornadas do Pan a Asociación Ánxel Casal recupera todo o proceso deste alimento básico, desde a súa sementeira até a fornada das bolas, tortas ou empanadas". E para poder realizar este proceso, as xornadas divídense en tres etapas: a sega (a finais de xullo), a malla (sobre o vinte de agosto) e a muiñada coa posterior fornada (sobre o dez de setembro) "Na primeira edición, recorda Pilar Castro, estas dúas tarefas realizábanse por separado, mais co tempo decidimos que fosen unidas". Iso si, as datas dependen tanto do tempo atmosférico como do proceso natural de maduración da plantación de trigo ou de centeo, aínda que respectan sempre o calendario agrícola.
En calquera das tres xornadas, os encargados de realizar as actividades son os propios veciños que empregarán sempre cultivos tradicionais (para a sega fouciños e para a muiñada empregarase o da Fonte Santa na parroquia de Pantiñobre e logo, unha vez feita a masa, cocerase no forno de leña que ten o muíño). Para acompañar, cadansúa celebración organízase unha merenda popular e unha foliada coa colaboración de diferentes grupos de gaitas.
O lume pan en Rois
En Rois cada ano no mes de maio se celebra o Lume Pan. Noutros tempos era unha práctica bastante estendida e recibían distintas denominacións: alumar o centeo, a larada de Pampallin.... en todo caso a finalidade era sempe a mesma: favorecer a medra da colleita arredando o mal, tanto o que probén do home (entre as que figuran as meigas), coma dos animais e mesmo do axentes meteorolóxicos.
Outras iniciativas
Alén das xa mencionadas, hai moitas máis asociacións culturais que recuperan tarefas ou produtos agrícolas tradicionais. É o caso da Asociación Sociocultural, Deportiva e Xuvenil de Meiro (Bueu) que leva tempo a loitar para que non se perda o millo corvo. Neste empeño seu ensínalles aos escolares da zona os xeitos de traballo e de vida na sociedade tradicional, entre os que hai unhas xornadas de elaboración do pan.