A editorial coruñesa Virtualibro comeza a venda de obras dixitais por internet

Libros que non se collen

A editorial coruñesa Virtualibro vén de pór en marcha o servicio de venda por internet das súas publicacións en formato electrónico. A empresa, nacida en 1999, pretenden desenvolver o emprego do castelán na rede, pero anuncia que en breves datas editará tamén obras en galego.

Libro electrónico



Virtualibro, que se presenta como "editorial española pioneira na publicación de libros electrónicos en español a través de internet" naceu coa intención de que o español estivese presente na revolución editorial que supón o crecemento do emprego do libro electrónico. Segundo a directora comercial da editorial, o formato que empregan é o case universal pdf, aínda que tamén prevén sacar obras en formato para Palm PC ou Microsoft Reader.












Obras dispoñibles



Actualmente, Virtualibro ofrece a través da súa páxina web oito títulos de pago que abarcan desde o tema filosófico de "Caminando hacia la verdata" ata os poemas de "Primavera (Adolescencia)" pasando por novelas policiacas, históricas ou ensaios sobre relixión. A editorial tamén aporta dúas obras clásicas gratuítas españolas coma son "El Auto de los Reyes Magos" e "El Lazarillo de Tormes".