Logo de máis de trinta anos a se construÃr, en xuño de 1985 o Palacete do Parque de Santa Margarida, na Coruña, abrÃa por fin as súas portas. No interior, unha proposta pioneira. Un museo interactivo dedicado por completo a amosar de xeito didáctico o mundo cientÃfico ao público xeral. A Casa das Ciencias irÃa asentándose e serÃa o xermolo da actual Rede de Museos CientÃficos coruñeses.
No curuto dun parque urbano, un pequeno edificio sen empregar e que levaba trinta anos a medio construÃr transformábase, a mediados da década dos oitenta, no primeiro museo cientÃfico interactivo de titularidade pública no Estado. O proxecto do museo nacera xa en 1983 no Concello da Coruña, cunha proposta baseada no didactismo e na participación dos visitantes, e en só dous anos o Palacete de Santa Margarida enchÃase de estraños aparellos que demostraban a acción das forzas fÃsicas, o funcionamento do universo ou as peculiaridades do mundo animal. Mil metros cadrados de ciencia organizados segundo o deseño de Felipe Peña, nun espazo octogonal que incluÃan un amplo planetario entre outras actividades.
Contidos para tocar
Na planta baixa, un clásico dos experimentos cientÃficos, unha reprodución do péndulo co que Foucault demostrou o movemento de rotación da Terra, dálle a benvida aos visitantes. Continuar a visita supón introducirse en novas explicacións prácticas sobre as forzas da fÃsicas. Auténticos xogos proban a habilidade do participante e sométeno a experiencias co magnetismo, as ondas ou mesmo a ilusións ópticas. Deste xeito propónselle que experimente por si mesmo os efectos dun imán sobre unha pantalla de televisión ou un túnel de vento entre outras curiosas instalacións nas que é obrigatorio tocar e participar. Ascendendo un piso pódese acceder á sala dedicada a exposicións sobre natureza na que, co mesmo espÃrito interactivo, pódese coñecer polo miúdo o mundo dos animais e das plantas. Deste xeito a mostra "Amarelo por natureza" amosa a ampla presenza desta cor no mundo, cunha colmea chea de abellas en acción, unha incubadora na que nacen a diario varios pitos, terrarios ou un viveiros de vermes de seda.
Os planetas baixo teito
Para alén das diferentes exposicións temporais que se achegan periodicamente ao lugar, unha das estrelas do museo é o Planetario. Este espazo, que conta con oitenta e catro butacas, ocupa a cúpula do edificio e permite coñecer polo miúdo os astros que se poden ver desde calquera punto da terra e os seus movementos. Alén diso, existen diferentes módulos audiovisuais que permiten coñecer diferentes aspectos do universo, desde as descubertas de pioneiros coma Galileo ou Von Humbodlt, que foi dos primeiros en observar polo miúdo as estrelas do Hemisferio Sur, até propostas para nenos nas que o coñecemento dos astros compleméntase con cancións ou xogos, ou mesmo unha proxección temática sobre a relación entre a VÃa Láctea e o Camiño de Santiago.
Colexios nas ciencias
Non é de estrañar que, partindo das premisas de didactismo e interactividade, o museo sexa amplamente visitado por centros de ensino. De feito, case a metade das máis de cen mil visitas que ten o lugar cada ano proveñen de centros de ensino, e desde a creación da Casa das Ciencias mantense un coidado programa pedagóxico. Deste xeito, as visitas escolares prepáranse con antelación en xuntanzas entre profesores e técnicos do centro, nas que se coordinan os contidos de cada visita a partir do material dispoñÃbel no local. Unha ampla biblioteca e diferente material audiovisual está a disposición dos interesados, asà como diferentes guÃas didácticas sobre os temas que se expoñen. Noutro xeito de divulgación, a Casa das Ciencias publica breves monografÃas cientÃficas nas que se explica ao público e sempre dun xeito sinxelo, o aspecto cientÃfico de diferentes temas de actualidade como poden ser a vacas tolas, as antenas de telefonÃa móbil, a clonación humana ou os efectos das mareas negras.
Amigos na rúa
En 1993 creábase, coma unha entidade independente do museo mais amplamente vencellada a el, a Asociación de Amigos das Ciencias. Este colectivo, que conta na actualidade con máis de seiscentos socios de todo o Estado, aÃnda que cunha maiorÃa de coruñeses, desenvolve tarefas de divulgación da ciencia entra a sociedade fóra dos muros do centro. Deste xeito, alén de conferencias periódicas, organizan actividades coma o DÃa da Ciencia na Rúa que, logo de oito edicións transcorrendo na Coruña, trasladouse este ano a Vigo na busca de chegar a novos públicos. Esta iniciativa leva aos espazos públicos experimentos e actividades semellantes ás que se poden realizar no museo. Por outro lado, cada outono organizan unha exposición de setas e ofrecen un servizo de micoloxÃa para quen queira introducirse no mundo dos cogomelos, e participan das diferentes actividades que organizan os diferentes Museos CientÃficos Coruñeses.
O centro da rede
A actividade desenvolvida desde o Palacete de Santa Margarida foi o xerme da actual rede de Museos CientÃficos da Coruña. O Domus, Casa do Home e o Aquarium Finisterrae, Casa dos Peixes, completan até o de agora unha serie de centros dedicados ao coñecemento interactivo de diferentes aspectos da realidade. Está en marcha na actualidade, no Castro de Elviña, a construción da Casa da Historia, que se centrará en explicar a evolución da cidade a través do tempo e o xeito de vida dos primeiros habitantes da Coruña e permitirá aos visitantes mesmo participar nunha escavación arqueolóxica. A ciencia segue a se expandir pola Coruña.