O brazo de San Paio. A arqueta de Santa Eufemia. Os trebellos de San Rosendo. Santiago acolle unha exposición que investiga as reliquias dos santos como expoñente da relixión e as peregrinacións medievais. A exposición tamén explora a ourivería galega dos últimos cinco séculos.
As palabras valor engadido non son un invento dos modernos expertos en márketing. Calquera catedral, basílica ou templo con posíbeis que aspirara a ser recoñecido na cristiandade, debía conter non só o indispensábel para a devoción do patrón ou patroa ao que estivera dedicado o templo, senón atesourar a maior cantidade posíbel de reliquias. Obxectos. Testemuños físicos envoltos en luxosos contedores de ourivería. Segundo a Real Academia Galega, unha reliquia é: Parte do corpo dun santo, ou obxecto co que este tivo contacto, que é motivo de veneración.
A exposición En olor de santidade. Relicarios de Galicia, comisariada polo director do Museo da Catedral de Ourense, Miguel Ángel González, estará na igrexa de San Domingos de Bonaval ata o día 29 de agosto. Entre o 7 de setembro e o 4 de novembro tamén se poderá visitar na catedral de Ourense. E do territorio do bispado de Ourense proveñen unha gran cantidade dos obxectos relixiosos que se poden contemplar na mostra. O instrumental de San Rosendo. A arqueta de Santa Eufemia. O brazo relicario de San Paio. Curiosamente, a exposición sitúase ao carón do Panteón dos Galegos Ilustres, onde descansan Castelao, Rosalía ou Cabanillas. ¿Conexións do máis acó?
Veneración. Esa é unha palabra clave. Significa peregrinación, beneficio, valor estratéxico. A reliquia é a proba directa da verdade da fe. Os crentes crían que as reliquias tiñan capacidades taumatúrxicas, é dicir, podían curar, realizar prodixios e milagres. O comercio de reliquias na Idade Media foi frenético entre Terra Santa e Europa despois das Cruzadas. Chegou a haber 40 sudarios de Cristo, 35 cravos da paixón, a cabeza de Xesús cando neno, o maternal leite da Virxe. Umberto Eco fai dicir a Guillerme de Baskerville en O nome da rosa: Se se xuntaran tódolos anacos da Santa Cruz que están repartidos pola Cristiandade, faríase un bosque enteiro. Factor estratéxico. O arcebispo Xelmírez mandou unha expedición para roubar na portuguesa Catedral de Braga todo un feixe de reliquias. O Pío Latrocinio así se chamou con certa carga eufemística o roubo- mantivo na Catedral de Santiago un feixe de santos anaquiños ata entrada a década dos 90. Unha reliquia é un intermediario entre o aquén e o alén. Manuel Fraga, presidente da Xunta, afirmou na inauguración da exposición: o exemplo piadoso do culto aos santos e a esperanza no seu patrocinio e intercesión é clave para entender, en boa medida, a mentalidade que moveu durante séculos aos peregrinos.
Retablos inéditos
A exposición En olor de santidade explora a cronoloxía dos relicarios dende a Idade Media. A maior parte das obras proveñen do bispado de Ourense, pero tamén se poden apreciar achegas doutros puntos de Galicia, como Lugo, Mondoñedo, Tui ou Astorga, xunto con achegas dende Valladolid, Salamanca e Roma. De Celanova, por exemplo, chegaron diferentes xoias relacionadas co culto de San Rosendo, procedentes do mosteiro de Celanova. Deste xeito, os visitantes da mostra poderán admirar un fantástico retablo renacentista que traballou Cornielis de Holanda para a Catedral de Santiago arredor de 1540, e que despois foi substituído por outro barroco. A mostra permite observar tamén o kit do devoto, contendo todo tipo de artefactos relacionados co culto das reliquias. Pero tamén se pode apreciar o traballo da ourivería galega da prata dende o século XV ata o XIX.
A propia exposición conta cun obradoiro de restauración que permitirá restaurar algunhas obras, coma o Cristo de San Salvador dos Penedos, do século XII.