Oito anos de cadriños están a facer de Cangas un reclamo para os afeccionados á banda deseñada de Galicia e zonas limÃtrofes. Sen ter un grande nome nin fortes apoios, o Salón de Cómic de Cangas converteuse nun dos principais focos para coñecer novos autores do noso paÃs e as estrelas internacionais que visitan o Morrazo. E o evento non fai máis do que medrar.
Naceu por iniciativa dun grupo de afeccionados que contactaron co concello dunha vila coma tantas. "Foi un pouco froito da casualidade, coincidimos xente interesada en facer algo no momento en que parecÃa haber unha explosión da banda deseñada", conta Dani Montero, un dos promotores do evento. Propor a idea no concello, traballar duro e, finalmente, en 1998 botar a andar o I Salón do Cómic de Cangas. "Comezamos cun orzamento moi pequeno e con moitas ganas, e fomos tendo sorte todos os anos e moita axuda tanto do concello como dos autores". Aos poucos a iniciativa foi medrando até se constituÃr nun referente imprescindÃbel na BD galega.
A peculiaridade
Nun panorama de encontros dominado por Viñetas desde o Atlántico en canto a tamaño e polas Xornadas de Ourense en canto a veteranÃa, poderÃa parecer que a Cangas lle custarÃa encontrar un oco de cara aos afeccionados. Sen embargo, as oito edicións que este encontro xa leva ás costas confirman o éxito da iniciativa. Se algo diferenza Cangas doutros encontros do paÃs é, en boa medida, a importante presenza de autores noveis. Cangas caracterizouse por manter nas súas diferentes edicións unha mostra de novos valores da banda deseñada galega, pola que xa teñen pasado traballos de autores que na actualidade traballan na novena arte ou na ilustración. Tamén o propio certame que se convoca en paralelo ao evento ten unha categorÃa especÃfica para menores de catorce anos e outra até os dezasete, o que asegura unha renovación dos autores presentes e das súas obras, que se expoñen no recinto. "Participan máis nas categorÃa para os máis novos que na de maiores", apunta Montero. Do mesmo xeito, tamén entre o público asistente se percibe unha grande presenza de xente nova. "Sobre todo veñen rapaces, temos unha das medias de idade máis baixas dos salóns que se celebran en Galicia, cada vez cala máis na mocidade da zona", completa o organizador do evento. O turismo que enche no verán as rúas e as praias da zona tamén ocupa boa parte das instalacións do salón.
Estrelas no Morrazo
Outra das peculiaridades de Cangas é contar cada ano con, como mÃnimo, un autor de talla internacional entre os seus convidados, o que ten grande mérito para un evento que conta cun orzamento aproximado de seis mil euros e que se desenvolve nunha vila deste tamaño. Deste xeito, achegáronse até o Morrazo debuxantes coma Gene Ha, Kano, ou Max entre outros, e amosaron a súa obra neste evento Frank Quitely, Javier Pulido ou Carlos Ezquerra entre outros. O método para conseguir a presencia destes autores é menos complexo do que podÃa parecer. "ConseguÃmolo en boa medida mantendo esa nosa propia modestia. Despois de cada ano mantemos contacto cos autores que estiveron, e a través deles coñecemos outros e imos creando unha certa familia, sempre relacionándose dun xeito bastante desenfadado e nun ambiente distendido". Excursións, visitas á praia, contacto sen intermediarios co público... os autores marchan cunha boa lembranza do Morrazo.
Crecemento
Hai xa dous anos, o Salón mudou, logo dalgún atraso, a súa ubicación. Do pavillón de deportes no que naceu e medrou, trasladouse finalmente ao novo Auditorio Municipal, máis céntrico, o que redundou nun acelerado crecemento do evento. "O traslado foi para ben, mellorou a asistencia e as instalacións. Temos unha sala de exposicións acondicionada, os locais para os obradoiros teñen mesas máis grandes e vén máis xente". Outra mostra clara do crecemento deste evento é que o pasado ano, na sétima edición, comezou a publicarse a revista "O Tebeo", que recollÃa os traballos premiados nas primeiras edicións do certame. Neta oitava edición sae á rúa un novo número no que de novo aparecen os traballos premiados nas edicións dos anos 2001 e 2002 e para o vindeiro ano agardan alcanzar xa o certame do 2004.
A oitava
O programa deste ano, mantendo e ampliando a proposta de edicións anteriores, contou coa presenza de Kano coma debuxante internacional xa que aÃnda que nacido en Barcelona, traballa abondosamente para a editorial americana DC Cómica. A nivel peninsular Albert Monteys, un dos creadores do fanzine "Mondo Lirondo" e actual debuxante en "El Jueves" levou o testemuño, mentres que a representación galega correu a cárgao de VÃctor Rivas, que despois duns anos centrado na ilustración volta con forza á banda deseñada cun proxecto para unha publicación de carácter estatal. Para analizar a relación entre a banda deseñada e o cinema contouse coa presenza doutro galego, Alberto Taracido, que desenvolveu boa parte do traballo e da coordinación dos story-boards de "O bosque animado".
Futuro
Deste xeito, as perspectivas, cun público cada vez maior e dispondo por fin dun recinto en condicións, son boas para este encontro. "Cada ano conseguimos uns poucos recursos máis, tentamos ir medrando tanto en autores como en calidade", explica Montero. Sen embargo, o Salón non quere perder ese seu carácter distintivo "non queremos perder a virtude de lle achegar a BD ao pobo".