Mariano Barroso dirixirá Luís Tosar en "Conversas co vento" unha historia épica na Galicia do século XVIII

A fala do vento

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A loita que os dorneiros das rías galegas desenvolveron contra os monopolios cataláns da pesca no século XVIII é o fondo no que se desenvolve "Conversas co vento". A rodaxe deste filme, comezará baixo a dirección do catalán Mariano Barroso a mediados do vindeiro mes de agosto, e transcorrerá entra a ría de Arousa, a de Muros de Noia e a Costa da Morte, con Luís Tosar coma actor protagonista. A película é unha coprodución entre a compañía galega Ficción Producciones, a TVG, unha canle privada española, unha produtora vasca e unha catalá, e na actualidade está a se negociar a incorporación ao proxecto de empresas francesas e portuguesas. Os responsábeis prevén que en novembro de 2005 remate a rodaxe e que para o 2006 se poida estrear a produción. As festas das Revenidas en Vilaxoán serviron de escenario para a presentación do filme o pasado venres.

Máis información en AVG sobre Ficción Produccións; sobre Luís Tosar; a presentación do filme en Diario de Arousa

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Tosar, AVG, Culturagalega, Morte...