AÃnda que a Historia é unha disciplina amplamente cultivada no noso paÃs desde hai ben de tempo, non foi até 1990 cando apareceu a primeira Asociación Galega de Historiadores. Este colectivo, nacido a partir de estudantes da Universidade de Santiago, leva un ano a tirar "MurguÃa", a primeira revista dedicada a este tema no paÃs, e traballa na creación do Portal Galego de Historia na rede.
En 1990 un grupo de estudantes de terceiro ciclo da Facultade de XeografÃa e Historia de Santiago botaba a andar a Asociación Galega de Historiadores (AGH). Orixinalmente dedicado a prestar apoio á comunidade universitaria e a difundir entre esta as novidades no campo da historiografÃa, aos poucos o colectivo foi medrando ao tempo que os seus membros Ãan ocupando postos no Ensino Secundario e nas Universidades. Do mesmo xeito, profesores e estudosos en principio alleos ao núcleo fundacional comezaban a entrar na Asociación, consolidándoa coma o colectivo que agrupa un maior de investigadores do paÃs. "A Asociación quere manter a tensión de cara aos estudos históricos e amosar como Galicia é un foco destacado na recuperación da memoria histórica", apunta UxÃo Breogán Diéguez, actual presidente da Asociación, "queremos ser a conexión entre a investigación histórica e a sociedade. Tal e como apunta o profesor Carlos Barros, a investigación histórica ten que ter presentes os problemas da sociedade actual".
Dez anos
Durante a súa primeira época de existencia, e segundo explica Diéguez, as principais actividades da AGH, para alén de seminarios e encontros puntuais, foron dúas. "Por unha banda estaba e segue estando a Semana Galega de Historia, que se puido celebrar todos o anos agás dous e da que estamos a preparar de décimo segunda edición", sinala. "Son encontros de aproximadamente unha semana na que historiadores xa consagrados de todo o paÃs e mesmo do exterior analizaban unha temática desde diversos ámbitos". A outra proposta xa clásica da AGH é o Congreso de Novos Historiadores, un encontro que reúne "historiadores que están por se consagraren, fundamentalmente estudantes de terceiro ciclo que dan a coñecer alà as súas investigacións". Ao contrario que as Semanas de Historia, estes encontros "non son monográficos, e quen quixer pode presentar alà os seus traballos". Deste xeito, este encontro quere servir coma plataforma para que os estudantes publiquen os seus primeiros estudos ao tempo que amosan as últimas tendencias de investigación en Galicia. As actas destas dúas actividades recolléronse en libro até o ano 2000, cando a Asociación decidiu mudar o formato de cara ao CD ROM coincidindo cunha nova etapa no colectivo.
Segunda época
"Hai catro anos a Asociación decidiu ampliar a súa presenza á maior parte de puntos posÃbeis do paÃs", sinala Diéguez, "asà en facultades coma Historia en Ourense ou Humanidades en Ferrol foron nacendo grupos". Ademais da expansión xeográfica, os esforzos concéntranse no proxecto MurguÃa". Esta ambiciosa proposta abrangue, para alén da creación da revista homónima, "un sitio web que, para alén de ser unha versión electrónica da revista, quere chegar a se converter no Portal Galego de Historia".
A revista
A grande novidade desta segunda etapa da AGH foi o nacemento hai un ano de "MurguÃa. Revista Galega de Historia". "HabÃa publicacións que na práctica eran anuarios ou tiñan unha periodicidade regular, e outras que estaban vencelladas a unha comarca concreta, mais esta é a primeira publicación galega cunha periodicidade non anual", explica Diéguez, que tamén é director da revista. Cada catro meses, en xaneiro, maio e setembro, os afeccionados á Historia teñen unha cita con esta publicación, que trata na maior parte dos casos temas relacionados coa historia do paÃs e que "está totalmente aberta a investigadores galegos e de fóra". A revista tira mil exemplares integramente en galego e conta cun subsidio da Dirección Xeral de Normalización LingüÃstica. "Pensamos que somos un complemento importante para o mundo académico e que o asociacionismo é fundamental para a recuperación da memoria histórica, se non hai publicacións que sirvan de escaparate, a investigación non serve de nada".
FacsÃmile
Alén da revista e do web, a AGH está a traballar na recuperación de documentos históricos. Neste sentido, ten publicado xa dúas edicións facsimilares. "Tiramos un facsÃmile do anteproxecto de Estatuto de AutonomÃa publicado en 1931 polo Seminario de Estudos Galegos que inclúe unha análise económica realizada por bóveda, é un documento singular que aÃnda non vira ningunha reedición". Despois deste texto, co que a asociación quixo render unha homenaxe a aquela xeración, "acabamos de sacar, coincidindo do aniversario do plebiscito polo Estatuto de 1936 a edición facsimilar dun cartel da campaña", máis concretamente, un realizado por Vidarte que tamén é a primeira vez que se recupera.
Proxectos
Para setembro está prevista a publicación do cuarto número da revista "trátase dun monográfico que vai ser bastante solicitado e que xa temos totalmente pechado". Mentres, xa está en marcha a elaboración do número cinco da revista. "Traballamos sempre cun número de adianto", explica Diéguez, que considera que neste segundo ano de existencia que agora comeza, a revista vai conseguir consolidarse totalmente.
Avanzando na creación do Portal Galego de Historia, a AGH anuncia novidades para finais deste ano. "Estamos a ultimar a colaboración cunha empresa bastante destacada da rede" o que dará unha maior relevancia ao web da Asociación. AÃnda en desenvolvemento, o sitio achegará "desde un amplo álbum fotográfico até espazos interactivos, consultas léxicas especializadas e outros contidos", todos eles realizados grazas ao traballo voluntario dos membros da Asociación. Tamén de cara o outono, a vindeira edición da Semana Galega da Historia analizará o feito urbano en Galicia, e unha vez máis o Congreso de Novos Historiadores amosará as últimas propostas de investigación neste campo. Polo que respecta á Asociación, a Historia ten futuro no paÃs.