A Biblioteca-Arquivo Francisco Pillado Maior presenta dous novos volumes mentres Sotelo Blanco inicia unha colección feminista

Libros novos para o verán

“Insomnes”, unha triloxía de obras de Manuel Lourenzo e “Un chapeau de palla italiana” un clásico de Eugène Labiche son as novas incorporacións á colección de textos teatrais Biblioteca-Arquivo Francisco Pillado que editan conxuntamente a Universidade da Coruña e o IGAEM. Tamén nestes días de verán Sotelo Blanco edicións anunciou o lanzamento de “As letras das mulleres» unha nova colección na que se verterán ao galego clásicos da literatura feminista universal. A colección, que se publica co apoio do Servizo Galego de Igualdade, arrincou cos títulos “A cidade das mulleres” de Cristina de Pizán e “Vindicación dos dereitos da muller” de Mary Wollstonecraft.

Máis información sobre novos lanzamentos da Biblioteca-Arquivo Francisco Pillado en Galicia Hoxe; sobre a nova colección de Sotelo Blanco en La Voz de Galicia