A VIII Conferencia de Linguas Minoritarias celebrarase en Galicia

Linguas versión 8.0

Do 22 ó 24 de novembro Santiago de Compostela acollerá a VIII Edición das Conferencias Internacionais de Linguas Minoritarias. Unha celebración patrocinada polo Consello de Europa e a Unión Europea que coincide nomomento no que se celebra o Ano Europeo das Linguas.

Diversidade e riqueza



Toda a diversidade e a riqueza lingüística europea reflectirase en Santiago do 22 ó 24 de novembro cun programa de actos que corre a cargo da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Baixo o título de "Política Educativa en Europa" noméase esta oitava edición organizada pola Unión Europea e o Consello de Europa; co obxectivo de fomentar a aprendizaxe continua, así como a evolución dos métodos de estudio para conseguir unha maior sensibilización cara a diversidade lingüística.














500 actos en toda España





No programa de actos organizado figuran máis medio millar de actos que se realizarán en todo o Estado Español. Actividades nas que destacan unha serie de congresos. Por unha banda, o Ministerio de Educación prepara nestes momentos os seguintes congresos: "A adquisición das linguas estranxeiras en idades tempranas" (con carácter internacional), "Cara o bilingüismo, ensinanza de linguas europeas no noso sistema educativo" e "A aprendizaxe de linguas na Formación Profesional" (estes últimos con carácter nacional). O Instituto Cervantes, dirixido por Fernando R. Lafuente, prepara o congreso "O español nos medios de comunicación", que se celebrará no mes de novembro. Xunto a estas actividades proxéctanse tamén actividades nos institutos de lingua e de cultura nos diferentes países europeos para celebrar concursos, unha semana de cine plurilingüe e de linguas minoritarias, así como diversas exposicións e mesas redondas.