A Fundación Santander-Central Hispano achega ao Xacobeo unha ecléctica mostra de oitenta e oito pezas de arte de grande importancia

Na variedade está a arte

“A exaltación das artes” e o título da mostra que a Fundación Santander-Central Hispano achega desde onte e até o vindeiro dezanove de setembro à Igrexa da Universidade de Santiago. Cadros de pintores de primeira liña do século XX coma Picasso, Miró ou Tapiés comparten espazo con clásicos coma Tintoretto, Van Dyck ou o Greco. Ademais de cadros poderán verse dous tapices, vinte e catro moedas antigas, pezas de cerámica e debuxos até completar oitenta e oito pezas.

Máis información en La Voz de Galicia; e en Galicia Hoxe