A igrexa presenta 23 libros litúrxicos traducidos ó galego

Ora por nós

A Igrexa católica acaba de presentar 23 libros litúrxicos, pero a principal novidade desta presentación é que os libros están escritos en galego. Esta iniciativa contou co apoio do Instituto da Lingua Galega (ILG) e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación de Humanidades.


Necesidade




Os 23 volumes que a Igrexa Católica acaba de presentar son o froito dun cambio de orientación, que pretende dotar ós seus membros de todo o material preciso para a implantación do galego nas prácticas relixiosas. Unha traslación que se fixo directamente dende o latín, o que dificultou aínda máis o traballo. Unha actividade na que colaboraron numerosos expertos, tanto de materias relixiosas como Biblia, Liturxia ou Historia da Igrexa e, por parte da lingua, profesionais do Instituto da Lingua Galega e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación de Humanidades.












Enquisa galego-relixión



Este cambio de idioma nos libros litúrxicos chega logo dun estudio realizado por López Muñoz e García Cendán e editado polo Consello da Cultura Galega, sobre a aceptación da lingua na que se oficia en Galicia. Segundo este estudio o 78 por cento das persoas que acoden a igrexas nas que se celebra misa en galego parécelles ben o uso desta lingua, fronte a un 6 por cento que non están de acordo, ó resto, un 21 por cento, élles indiferente.